27 abril 2007

The Getaway


Dende hai uns días ando cunha estúpida idea (das miñas) na cabeza. Non sei a que é debido, pero tampouco lle dou máis importancia. A cousa é que teño gañas de coller o coche, meter a bolsa do exercito que herdei do meu pai no maletero, e facer quilómetros. Non sería unha idea fora do normal se non fose porque, máis que unha viaxe, o que busco con iso, é unha fuxida. Iso: unha fuxida. Gustaríame rematar os quilómetros nun sitio pequeno; nun lugar como o Hill Valley de Back to the Future, atrapado nos anos cincuenta. Convertiríame nun tipo como o Tom Stall da novela gráfica de John Wagner, un tipo cun pasado que é capaz de establecerse nunha nova comunidade que non é a súa, cun enorme segredo ás costas. Así sería. Montaría unha típica cafetería americana, chamada Soul Kitchen, onde serviríamos café coa comida e todos os clientes levarian botas campeiras e traballarían na fábrica das aforas.
Nas calurosas noites de verán, sentaríame no porche da miña casa e lembraría a miña terra, separados por un inmenso océano e anos de soidade. Sería como o típico perdedor das cancións de Bruce Springsteen, cun Pontiac no garaxe e todos os seus soños no cubo do lixo. Exactamente asi... nunha fuxida.
Preguntarédesvos como se pode chegar en coche a un lugar así, ¿non? Como se nota que non tendes estúpidas ideas na cabeza...

5 comentarios:

Ra dijo...

Fíjate que yo ya me veía pidiéndote un curro en Soul Kitchen...esa estética promete, me gusta.

... dijo...

y si una noche, a punto de cerrar...mientras escuchas perezoso a waits y limpias la barra despacio...con los ojos clavados en quién sabe que recuerdo absurdo...se abre la puerta del bar y entra una pequeña mujer de piel blanca, cara de niña trágica... y ojos desdibujados por lo que hace varios días fue lápiz de ojos...arrastrando sólo un bolso lleno de recuerdos...la dejarías bailar una de waits con el barman fugitivo sin hacer preguntas???

é bonito soñar, sobre todo soñar fuxidas(ou cochinadas...), boa viaxe...

torredebabel dijo...

se o fai e cruza o oceano, non deixe de avisar aos que estamos nesta beira.

Mr Tichborne dijo...

Enfiando co post anterior, perderíaste porque queres perderte ou porque tes a dirección fodida?
Nunca poderás fuxir de ti, mais fuxindo podes atoparte. Boa viaxe

Micas dijo...

De coche talvez non (ou talvez si), mas se abrires as tuas asas...
unha aperta