31 mayo 2005

ARQUITECTURA DO CEO

Ti durmias no coche
equiparándote cun doce anxo
e eu atopei aquela casa
baixo o sol do atardecer.

Baixei, inmóbil, e observei a estructura victoriana
do ceo sobre o tellado.

Aquel home, de peto azul océano, debrullaba millo
sentado no porche
mentras a sua muller
de cabelos grises almidonados
forneaba tortas de amoras primaverais.

Pensei nun futuro semellante:
Ti vestida de domingo
e eu rezando mentras preparaba a terra
para o noso descanso eterno.

Foi imposible, antipoético.
Espertastes cos últimos raios do sol da fame
e comezastes xogar co meu pene
como se buscases o sabor dos teus labios
antes de que caera a noite.

Souben ese mesmo día
que a nosa vida
remataría
nas estradas.

27 mayo 2005

Nova sección: Marabilla da Semana


Barómetro machista:
¿Do 1 ó 10?

25 mayo 2005

Beautiful Things

A marabilla de hoxe, é que aínda estou vivo. A segunda marabilla, é que ao rematar de comer, e ante o aburrimento e a monotonia non se me ocorreu mellor cousa que facer que poñerme a ver o telexernal de TVE1. Horrible, seino. Mirei con desgana as novas que se ían sucedendo unha tras outra como unha lenta letanía. Despois chegaron os deportes. Xa foi o peor: ao parecer hoxe xógase un gran partido en Estambul e anda todo o mundo revolto e descomposto.
Pero o mellor foi despois dos malditos deportes, cando se dispuxeron a falar de Galiza... supusen que ían comentar algo das inminentes e non tan doadas eleccións, ou dalgunha estadística que deixa ao noso país á cola de algo... ou incluso supuxen que ían comentar algunha nova estúpida para mofarse de nós: Algo tipo... que un vello de noventa anos que vive nunha aldea completamente só no Courel se dispón a organizar un campionato de tute-cabrón entre el e as súas vacas; non sei, algo dese estilo que se comentan moitas veces nos telexornais españois para mofarse de nós. Pero non, eu estaba equivocado; de feito, con bastante respeto e admiración, falaron da productora galega de animación Dygra, na que como sabedes traballa o noso colega Rubín. E iso é unha cousa digna de aparecer nun telexornal. Rubín, como bó representante dunha parte da nosa alma, explicou ante as cámaras o seu traballo ... e tan pancho; con dous cojones... como ten que ser. Por unha vez e dende facía tempo, falase dalgo feito en Galiza que non ten que ver con barcos, petróleo, caciques, tolos nin nada semellante. Senón que se fala de xente cun par, imaxinativa e que sabe levar o seu traballo máis alá do cebreiro.
Parabéns Rubín... polo teu traballo..
e a túa amizade.
Saúde artista

23 mayo 2005

Amanecer En Pachifood


Ao final o sábado non rematou tan mal como eu pensaba. Gracias a que ao final os tres de sempre fixeron a súa aparición a última hora e a noite acabou por convertirse nun auténtico maratón de vicios. Gracias
Por outra banda El final del Cocodrilo regaloume ese pedazo de disco que hai anos, noutra cidade deprimente, acompañaba a miña lenta letanía ata o ocaso. Gracias de novo.
E para rematar, o meu traficante de dvds, vendeume por un módico precio, unha xoia cinematográfica, que como non, vos recomendo enfervorecidamente.

De aquí a mil sábados interminables onde o sol saía de novo nas miñas costas.
E que todos o vexamos.

21 mayo 2005

Triste Sábado de Maio


Xa sei que son un pouco tremendista, pero é que este sábado pinta moi mal.
Así que quero escoitar suxerencias para que este maldito día se convirta nalgo desexable.

20 mayo 2005

Chute Cultural

Onte, como quén non quere a cousa, metínme unha grande dose de cultura da cal aínda non me repuxen.
Pola mañá, dun tirón (é moi curtiño) lín o libro que casatlántica tivo a ben prestarme : Nieve... unha fermosa historia sobre un poeta no Xapón feudal, que me fixo lembrar, non tanto pola historia como si pola estética dunha gran película que vin fai pouco: Hero de Zhang Yimou.
Ao rematar ca impactante historia dos amantes da neve, e debido ao aburrimento xeral que predomina nas miñas mañás, seguín con outro libro prestado: Retratos de Truman Capote; deste libro, ao que xa lle tiña gañas, disfrutei especialmente co primeiro retrato que fai Capote: Marlon Brando. Fala Capote dunha entrevista que lle concedera o gran actor en Kioto, Xapón (outra vez) cando estaba inmerso na rodaxe de Sayonara. A entrevista non ten desperdicio, porque as declaracións que facía Brando nunca tiñan desperdicio. Penso que che pode gustar este libro Avogado.
Xa pola tarde, despois de botarlle unha ollada na casa a unha enciclopedia cinematográfica para buscar uns datos, regresei ao traballo e continuei mesturando a lectura de Capote, a revisión duns poemas, a escritura... e todo iso bañado ao longo de todo o día da discografía completa de Tom Waits en mp3.
Xa pola noite, na casa estiven vendo a reportaxe que botaron no satélite sobre directores que non ían de estrelas polo mundo pero aínda así fixeron grandiosas películas; como é o caso de Don Siegel, John Houston, Sergio Leone: directores de oficio que sabian deixar o seu selo persoal.
E así cheguei ao fín do día... despois do meu chute cultural decidín que estaba saturado de tanta cultura. As miñas veas a punto de estoupar, e fixen o que todo mortal debe facer un xoves pola noite: Ver un Reality Show tumbado no sofá e quedar tan pancho.
Sen dúbida foi o mellor de todo o día

19 mayo 2005

Días de Rosas e Asfalto

Supoño que xa estou de novo no inferno, despois de pasar un festivo máis que agradable na capital do reino. E xa de volta non podo facer máis que o de sempre: Acender un cigarro, mirar ao infinito, poñer un disco e recomendarvos un filme.
Polo demais xa pouco teño que dicir; disfrutei da compañía, da comida, dos karaokes, das conversas multimedias, das copas e dalgunha cousa máis. Pero como dicía alguén : a felicidade non dura máis que un sopro de aire frío no deserto.
Pois iso, ata que nos volvamos a ver; vós xa sabedes onde estou, así que cando a cidade se vos incruste nos pulmóns e teñades ganas de fuxir, non tendes máis que chamar e vir a pasar uns días no inferno; en realidade non se está tan mal... é puro vicio.
O dito, saúdos e non deixedes de ver este filme, merece moito a pena... moito máis que botar unha hora e media sentado na taza do báter, ou mirando como se move o ceo, ou pasear á beira do infinito das estradas, ou agardar que o mundo cambie e nos colla confesados...
See you soon...

16 mayo 2005

Día das Letras... qué?

Supoño que sempre foi así, quero dicir que nin cando era máis novo e ía ao colexio tiven o máis mínimo interese polo día das letras galegas; o único bó dese día era o feito de que non había clase e podías quedar na casa a rañar as bolas. Hoxe en día, xa con máis anos ségueme ocorrendo o mesmo. Continúo sen interés algún polo día das letras, e coma eu moita máis xente. Está ben que exista un día adicado ao un escritor morto, pero case todo o mundo agradece ese día polo feito de non ter que traballar... e supoño que eu tamén.
¿Culpables? Non sei e non quero buscalos, pero hai que recoñecer que aínda que se fan moitos actos, recitais, coloquios, charlas, simposios e un longo ecétera, o interés da maior parte da xente segue a ser nulo.
Mirádeo deste xeito: ¿Qué é máis apetecible?, un día de conferencias sobre a vida e obra dun tipo do que nunca lestes nada e do que nada vas ler na tua vida... ou un día libre no medio do inferno da semana laboral no que podas facer o que queiras (durmir ata as doce, ir o cine, botarlle un polvo á muller..) gracias a un tipo que escribía e que morreu hai máis de dez anos. Non sei, pero penso que non é tan dificil de elexir.
Eu polo de pronto marcho a compostela a emborracharme e a esquecer que o mundo segue xirando...
Parabéns Lorenzo Varela... e gracias polo día libre.

12 mayo 2005

A distancia da Dor

Conta Charles Bukowski nun dos seus relatos, que unha noite vai tomar unha copa a un deses típicos antros de North Hollywood; sentase na barra, pide unha cervexa fría e acende un cigarrillo. Cinco minutos despois, un tipo que ao parecer vai todas as noites por ese antro, senta ao seu lado e inicia unha conversa con el. O tipo en cuestión preguntalle a Hank se leu o xornal de hoxe, e Hank contestalle que si; entón o parroquiano preguntalle que lle pareceu a nova das nove rapazas que morreron no incendio do orfanato de Boston: Hank, pausadamente e dándolle unha calada ao cigarro dille que realmente lle da igual. O tipo non sae do seu asombro polo que acaba de escoitar; Hank explícalle que para el o feito da morte das rapazas tan só é unha páxina no xornal, e que pasada esa páxina xa non existe a dor, nin as rapazas, nin tan sequera existe Boston. Os quilómetros fan que a dor sexa menos intensa... unha páxina nun xornal, unha imaxe na televisión, unha nova na radio...
A morte non é morte senón a vemos diante nosa. Parece frívolo pero é así.
Hoxe é un deses días nos que nada máis erguerme da cama odien á humanidade con todas as forzas. Seguramente se, cando baixen á rúa, tivese unha pistola tería pegado algún tiro. Gracias que aquí non é tan sinxelo ter un revolver.
Cada día que pasa entendo menos este planeta... e a sua "dor na distancia".
100.000 mortos en Irak... pasemos páxina.

10 mayo 2005

cidades, violencia e algunhas cousas máis


Onte por motivos, metade laborais, metade vocacionais, estiven na Coru... ou en LaCoru...ou na LaCoru... ou como carallo se chame agora esa cidade na que nacín. O caso é que fixen algúns recados nuns grandes centros comerciais onde ás dez da mañá xa había mil persoas (case todas mulleres) malgastando as pensións e tirando da visa: unha barbaridade.
Despois o que fixen xa foron cousas de orde cotiá: tomar cafés, fumar cigarros, mirar a cantidade de idiotas coruñeses...
Tamén tiña pensado facerlle unha visita a Avogado do Diaño, cando me chamaron para facer un par de recados máis (síntoo Avogado... outra vez será).
Logo, xa co ceo gris, comemos meu irmán, Noe e eu comida chinesa e unhas ensaladas mentras viamos os Simpsons: cousas razonablemente agradables.
Pola tarde, antes de voltar ao inferno pasei por unha tenda onde soen ter boas películas e moita merda; pero mirade por onde atopei esta maravilla que vedes a vosa esquerda por tan só 4€...unha ganga pensei.
Hoxe ao mediodía mentras metía unha chuleta no estómago, e declinando a oferta de ver o telexornal e seguir escoitando estupideces sobre o futuro da monarquía española, disfrutei da película do defunto Sam Peckinpah. Unha marabilla como dixen antes; filmes que agora xa non se fan nin de coña... con bos diálogos, homes ambiguos e unha dose de violencia grande e xustificada. Unha pequena obra maestra.
Recoméndovola a todos, pero penso que será do gusto sobre todo de Menguante, Avogado e TomTraubert... seguro que a desfrutades. Senón, sempre poderedes vela pola actriz protagonista e os seus famosos peitos.
Vémonos nos bares

06 mayo 2005

candidato III


Ola, o meu nome Anxo, aínda que os amigos e enemigos chamanme Quin
Non teño máis que dicir ...
non me deixa a U.P.G

05 mayo 2005

Candidato II


Hi, my name is Bull.. or excuse me. Hola, mi nombre es Torito y me presento a las elecciones de la comunidad autónoma de Galicia. Ya que don Manolo se quita años de encima yo me afeité el mostacho para parecer mucho más enrollado de lo que ya soy. Si quereis un presidente gracioso, que no piensa casar maricones, que gastará vuestro dinero en chorradas varias y en hacer carreteras absurdas, no dudeis en votarme. Represento al P.Sde G (Partido Socialistajudeocristianomasónicoapostólico de Galicia).
Apuesto por vosotros... gallegos. Soy la última esperanza blanca... como diria la canión. ¿Veis que enrollado soy?
Ala pues... votadme!
P.D Tambien podeis dejadme donativos en la siguiente cuenta:
10298374657483763218 Banco Socialista Cristiano de la Buena Gente

03 mayo 2005


Hola, me llamo Manuel, aunque todos mis amiguitos me llaman Manu. Tengo 34 años y en estas elecciones me presento a Presidente por primera vez en mi vida. Soy un tipo joven, marchoso, democrático, naturalista y culto. Voy a hacer todo lo posible para que Gallaecia se ponga a la cabeza...
Así que ya sabes, si eres un joven desencantao como yo... pues vota Partido Pubertad.
Los jovenes al poder... ya!