10 marzo 2007

Unha tempada no inferno




Teño que recoñecelo: estiven morto. Sinto non ter avisado, pero é o que hai. Recibín chamadas de amigos e incluso de inimigos, pero non contestei a ningunha; é o que ten estar morto. Pensei seriamente en pechar o blog por defunción, pero dábame mágoa facelo despois dun ano e pico, asi que, facendo un esforzo sobrehumano, volvo a colgar algo por moito que lle pese aos meus novos amigos (os da foto)
¿Qué conte algo deste lugar? ¡Buff! non sei que dicir; penso que todos vos estivestedes algunha vez neste sitio, ¿non? Penso que si; cando baixades á rúa e ides ao banco, ou saídes un sábado rodeados de putos adolescentes. ¿Sabedes de que falo? Cando os meus novos amigos me din que son raros, non teño máis remedio que dicirlles: ¿raros? ¿por qué... por estar mortos? ¡Qué estupidez! Sodes exactamente igual que os vivos... a única diferencia é que cheirades peor... e iso tan só nalgúns casos.
Pois así están as cousas. ¿Cánto tempo vou estar aquí? ¡Eu qué carallo sei! Supoño que moito... polo menos ata que a estupidez deixe de flotar na terra dos vivos.
Algún día veremonos, non o dubidedes. Mentras tanto intentarei postear de vez en cando,pero debo admitir que me costa moito... sobre todo porque o adsl na terra dos mortos e unha merda.
saúde a todos e todas