16 diciembre 2006

Recomendación Cinematográfica


Se vos gustan as novelas de Raymond Chandler ou de Dashiell Hammett; Se desfrutástedes con "Pulp" de Charles Bukowski; Se o voso é ver na pantalla a Humphrey Bogart e Lauren Bacall atormentados e dubidando o un do outro...
Se vos vai todo iso, pois esta é a vosa película.
Unha historia propia do cine negro da época dourada de Hollywood, pero trasladada á época actual, nun instituto de calquera vila californiana á beira do mar e con personaxes a cada cal máis estrano.
Non o dubidedes. Unha banda sonora impresionante, uns diálogos ben traballados e unha historia orixinal.
Un vaso de whisky malo, un cigarro puro e os cinco sentidos alerta... desfrutaredes.

12 diciembre 2006

Parabens!!


Iso, parabens, noraboa, felicitacións... etc. É o que temos que facer todos: felicitarnos. Dende o Domingo 10 de Nadal de 2006 hai un fillo de puta menos neste planeta azul na sua maior parte. Boa Viaxe Pinochito

05 diciembre 2006

Na Cama de Murphy

Moito se ten falado sobre a verdadeira orixe da famosa Lei de Murphy, esa que dí: "Se algo ten que sair mal, sairá mal".
Resulta que o tipo que dixo esa frase, era Edward A. Murphy, un inxeñero que traballaba na base Edwards da USAF nun proxecto chamado MX981. O xefe do proxecto, que tiña unha lista de "leis cachondas" foi o que incluiu a coñecida frase de Murphy na súa particular lista. E foi a partir de aí, onde na Murphyoloxía se recollen teorías, frases, paradoxas e demais chorradas, que aínda que certas, non deixan de facernos pensar que vivimos nun mundo terriblemente fodido.
Hoxe teño que darlle a razón a Murphy e a súa frase: "Se algo ten que sair mal, sairá mal"
Hoxe é un deses días... un deses días que dende que te ergues cedo pola mañá, todo sae mal... terriblemente mal; e é máis, penso que aínda poden sair as cousas moito peor. Ou iso é o que dí o primeiro colario da primeira lei de Chisholm: "Cando pareza que xa nada podo ir peor, empeorará". Un puto xenio o tal Chisholm...
Pero aínda que isto xa soe mal por si só, aínda pode ser peor, como demostra A Extensión de Gattuso sobre a Ley de Murphy que dí: "Nada é tan malo nunca para que non poda ser peor".
É así... todo pode ir a peor.
Se hoxe penso (e si que o penso) que realmente é un día horrible será pola serie de acontecementos, malas novas, xente estúpida, raios, tronos e problemas que xurdiron dende que abandoei a miña bendita cama ás nove da mañá. Sería bó incluir na Murphyoloxía unha frase nova de colleita propia: "Dende que saes da cama sabes que todo vai a ir a peor. É inevitable". Podería escribirlle un correo ao tal Murphy se seguise vivo e mandarlle a miña frase. Aínda que por outra parte non teño gañas de incrementar unha verdade universal simple e directa: Todo Sae Sempre Mal.
Á merda...
Quédome de todos os xeitos, como última reflexión, coa Observación de Kierkegard que dí: "A vida tan só se comprende mirando cara atrás, pero tense que vivir cara adiante".
Ou non...

04 diciembre 2006

Brindis


Semella un soño... pero non o é. Todo o contrario. É certo. Con sorte, hoxe ou mañá, este porco cabrón fillo dunha puta da fotografía abandonará este maldito planeta. Dun ataque ao corazón segundo din. É unha mágoa... debería morrer de algo moito máis doloroso: Deberian chimpalo dun avión en pleno voo... ou deberían meterlle Polonio (hoxe en día moi de moda) para que morrera lentamente.
Ocórrenseme moitas maneiras nas que este cabrón debería morrer, pero deberían poder decidilas os familiares e amigos dos milleiros de homes e mulleres que Mr. Pinochet torturou ata a morte.
Se algún médico ou enfermeira que traballe no hospital onde está ese porco, recoméndolle que vexa un film titulado
Saw onde hai un par de torturas dolorosas e incribles que lle podian aplicar ao case defunto, se non da morrido.
É unha idea.
Cando chegue o día, encherei unha copa, porei a canción dos Enemigos... e a brindar.