25 marzo 2008

Semana de Santos Ventos


Superbad (Greg Mottola, EE.UU, 2007)
O Mellor: A sincera amizade entre os tres protagonistas e o triste final.
O Peor: Algún chiste un pouco estúpido.


E por fin marchou a Semana Santa coas súas procesións, prohibicións gastronómicas, misas cantadas e máis estupideces varias que se fan baixo o terrorífico poder do catolicismo.

E como non, durante a semana non tiven máis que facer que traballar dez horas ao día servindo aperitivos e vermús aos turistas que visitaban á costa atemorizada polo vento do nordeste; famoso e coñecido polos vellos mariñeiros, pois se sopra durante máis de tres días seguidos, a xente comeza a poñerse de mala hostia e uns botan contra outros baixo unha incesante dor de cabeza. En serio, é un vento horrible que é capaz de mudar os costumes e a tranquilidade da vila como se tal cousa. Nesta ocasión non chegou o sangue os sumidoiros, pois tan só soprou dous días seguidos. Aínda que a min me doeu a cabeza igualmente, e seguramente tivo que ver nesa dor o feito de aturar a guiris con sede e fame durante dez horas.

Agora, neste día libre que paso entre mocos, estornudos e máis dor de cabeza, tan só quero durmir; pero non podo, o teléfono non deixa de soar en toda a tarde, así que fumo, tomo un café e navego pola rede un anaco. Escribo por aburrimento... como todo na vida.

Verémonos nalgún atardecer
seguro
Saúde.

05 marzo 2008

Haberá sangue...

Do filme...
O Mellor: Daniel Day Lewis e o deseño de producción
O Peor: Unha historia decepcionante


Isto non é un poema... non é un soño... é unha necesidade:
(para ler escoitando "Long Night" de Eddie Veder)


Teño unhas gafas de sol, tres balas no peto da camisa e un coche de segunda man.
Teño unha necesidade.
Teño un amanecer no peito que quere saír.
Teño pendiente un atardecer contigo na costa de Atlantic City... e o océano trae mentiras agochadas en cada ensaio de tormenta... e na terra están refuxiados os corpos que habitaron este planeta canda ti máis eu eramos parte da nada.
Teño tres billetes de avión no caixón, un cigarro e sesenta gramos da maría que máis nos gusta.
Teño odio agochado no despertador e no frigorífico.
Teño unha misión en cada soño de adolescencia...
Teño deudas de xogo coa vida
Teño máis medo ca ti en cada día do universo
Teño unha capa máxica de invisibilidade para enviar a Palestina... e nunca me decido... nunca me decido.
Todas as mentiras son certas,
e todas as cancións
son o que fan que bailemos mentras durmimos abrazados.
Xa mo dixeron ao oído cando ensaiaba a confirmación e peinaba o pelo ao lado: "Haberá sangue... Haberá... sangue"... e era certo... esa puta dereita relixiosa americana quere gobernar o mundo e eliminar o que é obvio: Ti e eu evolucionamos como os demais. Hai prioridades... teño unha necesidade.
Teño amistades que boto en falta como o sangue que circula polas mans.
Teño unha futura visita á Alaska que quero sentir.
Teño fame
Teño gañas
Cágome no seu Deus!
Cágome nas súas normas!
Cágome nos seus centros comerciais!
Cágome nas súas estadísticas!
Cágome nas súas vidas miserables!
Isto acabará nun intre...
... e ti máis eu...
verémolo...
...dende o atardecer...
...que construamos...
...nos verdes campos nevados.
Haberá sangue...




01 marzo 2008

Planeando Alaska




Do filme este...
O Mellor: A fermosa Cate Blanchet
O Peor: o resto

Hoxe non foi un día tan malo como agardaba; non foi un día para botar foguetes, pero houboos moito peores.
A miña selección musical de hoxe no bar foi pouco creativa, pois doume por poñer no fío musical (odio os bares que teñen o puto cuarenta latino na tele) unha variedade de artistas mal encadrados: Ao Boss e os seu magnífico Nebraska, Toquinho, Molotov, Explosions in the Sky, The Strokes, Cole Porter, Smokie e creo que algo máis. O dito, algo raro.
E debía ser por iso polo que hoxe a xente viña algo máis rara do habitual.

Polo demais, siguo fumando, engordando, maldecindo e collendo as curvas sen pisar o freno...

Tamén estou planeando a miña futura viaxe Alaska, que por agora é unha idea estúpida, pois a miña conta está a menos 1.000.000.000 euros.
E sen dúbida, esta fuxida liberadora a terras frías e magnífcas, comezaría por
aquí e seguiría por aquí.
Mentras non poda ser, siguo soñando coa destrucción masiva destes edificios e odiando sempre que podo un anaco ao día.

Ala!... a ser felices por aí...