28 febrero 2005

Oscar galego

Resaca de Oscar

Como dicia Dylan os tempos deben estar cambiando porque senón non acabo de entender o ocorrido nos oscars deste ano; cancións en español que levan oscars... filmes sobre a eutanasia que levan oscar... actores negros que gañan oscars por riba de actores de fina pel branca e rosada... chistes sobre Bush... e unha gala rápida e directa como un foguete en día de feira. Ou os académicos estaban postos de crack á hora de votar ou Dylan tiña razón e algo está ocorrendo.

26 febrero 2005

Un gran escritor para un mundo pequeno

aprendendo a odiar


Agora, nestes días fermosos de descanso invernal, adoito ver as cousas dende as perspectivas máis saudables posibles.
O inferno... este é o meu inferno e fareivos partícipes del como se tamén fora voso.
Un inferno para cada un... aprendendo a odiar.