30 enero 2008

De cadáveres, agobios e rutinas




Isto de postear estupideces casi todos os días, era unha cousa realmente terapéutica para min; e digo era, pois como veredes agora case non colgo nada. ¿O motivo? A falta de tempo físico. Chego a casa tarde, canso, agobiado, con tiróns musculares e con gañas de planear un asasinato nada máis. Navego un pouco todos os días e sigo os vosos blogs sempre que podo; a calidade segue sendo boa. Hoxe, como teño o día libre e as gañas de matar aínda non marcharon, decido colgar algo...
Que teño que contar? Pouca cousa. Sigo de taberneiro todos os días, coñecendo xente cada vez máis estraña e extravagante. Sen ir máis lonxe, o outro día coñecín un tipo con certo cargo de responsabilidade que soplou dez heinekens en menos dunha hora mentras conversabamos sobre o cine americano dos sesenta e setenta. Chegamos á conclusión de que agora xa non se fan películas como as de aqueles anos. Directores como Peckimpack, Lumet, Scorsese, Cimino, Leone, Malick, Friedkin... deixaron un legado que ninguén poido recoller, e menos superar.
Falando de cine, recibín con pouca sorpresa a morte de Heath Ledger. Non me chamou a atención, pois sempre vin nel un tipo atormentado que soubo utilizar a súa tristeza para compoñer actuacións e personaxes como o Dan do filme Candy. Non é unha gran película, pero a actuación que fai e do mellor que vin este ano sen dúbida. Recomendable.
Vou comer
e despois
seguir collendo aire
para mañá continuar
cunha rutina mortal.