19 febrero 2006

MúsicasMinúsculas

Esto da rede serve para moitas cousas.... entre outras moitas para poder disfrutar de grandes cousas. E por iso que vos animo a todos a entrar en www.casatlantica.castpost.com e desfrutar do grande(non en tamaño pero si en calidade) que casatlantica ideou e montou con non pouco esfeorzo.
Rosalía e Joy división unidos na imaxe.
Parabens Casatlántica

14 febrero 2006


VIVIR EN LAURA II
POESÍA EN CIDADE PROFUNDA

1


Hoxe é luns
Noite de luns
E nalgúns paises
Hai retransmisións deportivas
Como Monday Night Football
Que adoito ver
Dende
As antenas
Do lado das estrelas
No patio de luces

ABÚRROME

Miro o proceso de crecemento da miña barba.
Xa a podo coller dos dedos
Sen límites
Sen límites de amplitude.

Saio á rúa
E o frío inunda os pulmóns
COMO EN BERLÍN

BERLÍN de Laura agora.

Quedo no portal
E observo a cidade iluminada.
E bonito o desterro nunha cidade descoñecida
E toda esa luz
Alá
Ó fondo.




2

Hoxe é martes
Pero para mín é o mesmo
Todos os dias iguais

SEMANAS E MESES

Fago diversas cousas pola casa
E decido non xogar máis a CIDADE PROFUNDA
Sempre me perdo en Laura
Sempre Laura
Sempre Laura

Dexesaría que estivese morta
Para poder escribir algo bó
Como
MORRER EN LAURA

Non é o caso.

03 febrero 2006

VIVIR EN LAURA
(POESÍA EN CIDADE PROFUNDA)




¿Cómo perdurar, atar a posesión recíproca, se se amaban nun
equívoco monstruoso, no fío dun soño?
X.L Méndez Ferrín
“Morrer en Laura”

0

Como diría Holden: Se de verdade queredes entender esta historia
debería comezar polo princípio.
Debería falarvos de Laura
De Laura e de mín…

1

Eu vivía en Laura
e laura vivía ao meu lado
na casa máis acolledora
de todo o bloque…
coas persianas verdes oxidadas
que ás veces
tan só as menos veces
nos deixaban ver as estrelas
no ceo do patio de luces.

Eu vivía en Laura ben barbeado
e Laura facía moitas cousas por mín.
Laura facía a comida para os dous
e case sempre eran fabulosas comidas quentes,
receitas milenarias sacadas dos máis estranos libros
que atopaba na biblioteca municipal…

Así era Laura…
Ás veces
tamén enchía a bañeira de auga e xabrón
e metíamonos os dous dentro
a ver pasar o tempo;
despois ela,
mentras me tocaba cunha man baixo a auga,
tamén me barbeaba coa outra;
Laura poñía espuma no meu rostro obsesivo e
despois, cunha coitela ben afiada,
deslizaba todo o seu encanto pola miña cara
como se nacera para facer iso.

Dicíao diante da xente:
Nacín para barbear caras fermosas.
Así era Laura

Outras veces, case sempre en domingo,
Laura tiraba de mín e me levaba a pasear pola cidade.
Moitas veces os nosos paseos
remataban no parque da cidade
á beira dos ameneiros e preto do río
onde ela,
primeiro me contaba un segredo do seu pasado
e despois bicábame con amor
sempre con amor.

Así era Laura.

Os martes Laura sempre me levaba ao cine
quixera eu ou non.
Non podía ser calquera filme,
pois ela non podía ver ningún que tivera actores famosos.
Ela odiaba aos actores
e tamén odiaba o cine.
¿Qué é o que che gusta Laura?
As fermosas historias que contan.
Unha boa etapa
na que aprendín a desfrutar do cine
que se facía en lugares
máxicos e remotos
como
corea
xapón
rumanía
serbia
islandia
afganistán
iran
e outros lugares que non lembro.

Despois do filme
Laura e eu tomábamos café, té e whisky
nos locale próximos,
ata que, xa borrachos,
marchabamos ao parque
a facer o amor baixo os ameneiros,
ao lado do río
entre os excrementos dos cáns.
COMO DOUS ACTORES SECUNDARIOS
COMO DOUS AUTÉNTICOS SECUNDARIOS

Así era Laura
E eu.

02 febrero 2006

Fear & Loathing in L.A


Chegaron as nominacións ós Oscars do país das marabillas. Todo o mundo dí que os Oscars lle importan un carallo, pero despois nas colas dos cines escoitas: "imos ver esa, que levou vintetrés oscars". Estúpidos humanos.
A mín gústanme os Oscars. Atráeme a idea de ver tanto e tanta xente estúpida paseando por unha alfombra vermella e sorrindo. Tipos esmoquin e fulanas de tiros longos erguendo a man e saúdando ós mortais que tiran mil fotos por segundo cos seus teléfonos móbiles. É un fermoso espectáculo. Divino diria eu.
Falando estrictamente das películas, penso que esta edición vai ser unha das máis interesantes. Tamén é verdade que faltan películas moi boas nesa lista: Match Point, A history of violence, Broken flowers... etc. Pero aínda así hai algunha nominación que me parece moi axeitada.
De todas as películas, quédome sen dúbida con Crash; fime coral e violento sobre o ir e vir de varios personaxes pola cidade dos Ánxeles (non en brión, senón en California). Ten varias nominaciones, entre elas, mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor secundario (Matt Dillon) e algunha máis. Alégrame sobre todo por Matt Dillon, actor difícil que non sempre elixe grandes proxectos Ultimamente lin unhas declaracións súas nas que dicía:"Non teño unha lexión de avogados, non estou obsesionado pola forma física, non me interesan os megataquillazos sen fondo... e non pertenzo a ningunha secta. Prefiro ler libros, levar unha vida privada, saír cos amigos, escoitar música, abandoar a relixión, ver baloncesto e facer filmes como Crash. Gañar cartos non me intersa, non son Tom Cruise".
Se isto que dixo, é certo, pois chapeau por el. Un gran tipo sen dúbida. Aínda por riba, na súa última película "Factotum" métese na pel do gran Charles Bukowski. E na súa boca:"Considero que estiven preparándome 27 anos para este papel. Bukowski foi unha das miñas lecturas de cabecera. Devorei a súa obra e me fascinou a brutalidade iconoclasta e o humor".
Un bó actor. Que teña sorte e se pensa así, en vez de entrar no Kodak Teather pola alfombra vermella que entre pola porta dos servicios, como todos os perdedores do mundo.
Xa veremos o cinco de marzo.
...and the oscar go to...