26 febrero 2008

"Para Alaska me vooooooy....lara,lara..."

Tantos días sen saír da selva á cidade, e nunha fin de semana....¡paff! dúas visitas ás cidades.
A primeira, o sábado, foi unha xuntanza melancólica etílica, daqueles elementos que pasabamos tardes, noites e madrugadas enteiras, bebendo tristezas e botando risas ao ceo, naqueles taburetes infernais da añorada Sá do Penal... in Santiago D.C
Foi unha fin de semana máis que interesante, pois volten a ver xente que levaba moito tempo sen ver. Iso é de agradecer. para min foi como voltar a respirar, aínda que tan só fora por unhas horas. Haberá máis ocasiones... seguro.
A segunda saída, foi onte mesmo ata a cidade que me viu nacer e onde vivín moitos anos. Non foi unha viaxe tan agradable coma a do sábado, pois o motivo era ir a tráfico a recoller o meu permiso de circulación, roubado por eses fillos de puta disfrazados de verde que van en parella polas estradas.
Aínda así, tivo a súa parte positiva, pois vin ao meu irmán (levaba meses sen velo) e camiñei pola cidade lembrando o moito que odiaba ao xénero humano.
Odio este sistema de vida, en serio. É completamente denigrante que teñamos que vivir rodeados de tantos bancos, de tantos centros comerciais, de tantas aseguradoras, de tanto estrés, de tanta merda. É por iso polo que teño esta tristeza incrustada no peito e na mirada. O odio... é impresionante.
Marcho... o máis lonxe posible... ao norte, entre a neve e o ceo... alí mesmo
Do film deste post... ben... pouca cousa:
O Mellor: A sensación de estar vendo un film de terror...
O Vampiro xefe... impresiona.
O Peor: Un film made in Hollywood sen máis...

17 febrero 2008

Efectivamente... domingo



Hoxe traballei as oito horas seguidas. Gústame; chego antes a casa. De feito, cheguei hai unha hora. Deime unha ducha e botei un vistazo pola rede. Isto por exemplo... non ten desperdicio.

No bar todo segue igual. Hoxe había callos de tapa. Estaban bos... ben, eu non os probei, pero os clientes dixeron que estaban perfectos.
Pola mañá puxen música no bar: Explosions in the Sky. Ao mediodía puxen unha recopilación de jazz que tiña tirada pola casa. Un cliente díxome que se chegaba a súa casa e vía a súa muller escoitando esa música, lle pegaba unha patada. "Tranquilo... a túa muller non lle gusta o jazz..." díxenlle. Non lle fixo gracia.
As catro, co relevo, fun ata o paseo marítimo a fumar un cigarro. Cuspinlle ao mar pero non provocou un tsunami como eu agardaba. Teoría fallida. Volvín ao bar cavilando noutras formas de matar.

Onte vin a última peli de Woody Allen. Despois, durmín soñando con avións esnaquizados e aeroportos. Non sei que significa iso... e importame un carallo.

Do film...
O Mellor: (Pareceme incrible estar dicindo isto...) Colin Farrell
O Peor: Boto en falta o humor de Woody

A coidarse e a soñar...

13 febrero 2008

An American Poem


Hai unha novela de Fante, titulada "Un ano pésimo",que me regalou un moi bó amigo meu que case todos coñecedes pois tamén ten un bló. Unha fermosa novela curta que deberíades ler se queredes saber como vai este "meu" comezo de ano.

Os días atropéllanse horribles e perséguenme dende as esquinas das rúas para rematar coa miña escasa saúde mental. A mala sorte perségueme como un lobo morto de fame na infinita estepa rusa..
Podería seguir con máis metáforas e comparacións estúpidas, pero sería inutil. Os días seguirán sendo horribles, se mire por onde se mire. Está claro: A mala sorte ven tras de mín.

Que podo facer? Pois o que fago e pensar no vello
Hank e nas súas malas épocas. Ou cuspir diante do banco e cagarme nas súas putas nais. Ou mirar aos estorniños debuxar elipsis e máis figuras no ceo da Costa da Morte.

Iso é o que fago. Buscar maneiras de matar o tempo entre oito horas de traballo.

Tamén teño tempo de ver películas, claro.

Como a de arriba. Impresionate poema épico americano escrito e dirixido por Sean "Che" Penn, baseada na novela, sobre a curta vida de
Christopher McCandless.



O Mellor: O principio e o final do film, a fotografía, e a impresionante banda sonora de
Eddie Vedder

O Peor: O protagonista; non está a altura do resto do reparto.

Sen máis, seguirei vendo pasar os días por diante como iso tan valioso que se nos escapa das mans.
saúde a todos

P.D Bandini, tes que ver a peli que sei que che vai a gustar...

07 febrero 2008

Waiting for the sun ... ou algo similar




A rutina é o que ten... acaba con un; así que non fago outra cousa máis que poñer cafés, poñer cañas, poñer poleos e merdas desas, poñer cubatas... conducir de volta a casa, conducir ao bar, e de volta a casa, e de volta ao bar, que por certo, onte unha parella de verdes cabróns fillos de puta tivo a ben sancionarme con 150 pavos por non ter pasado a I.T.V (teño a cita pasadomañá) e desexarme boas tardes. Pero ao que íamos... que a rutina pode comigo, pero aínda así teño tempo polas noites para mirar os blogs, navegar e atopar cousas como esta, e tamén para ver filmes divertidos e ben escrtios, como a fermosa Juno. Cen por cen recomendable.

Saúdos, bicos e apertas nestas putas festas do Entroido