31 julio 2005

Propia Teoría de Evolución

Sentado no centro do deserto pretendía escribirte un fermoso e marabilloso poema no que poder concentrar todos os medos do universo; as miserias máis salvaxes e as máis estúpidas ideas revolucionarias sobre literatura, cine, e arte postmoderna en xeral.
Foi un acto idiota e carente de creatividade.
Polo contrario o que fixen foi respirar profundamente e observar os límites do deserto na miña cabeza. Tumbeime de costas no frio chan e observei o universo con todos os seus defectos latentes. Contei as estrelas de duas en duas e púxenlle estúpidos nomes aos poucos planetas que coñecía, pois nas clases de astroloxía, mentras explicaban a orixe do universo e outras estupideces, eu miraba pola fiestra ao equipo feminino de volei.
Cousas da idade mesmamente.
Así, no frío centro do deserto, renunciei as miñas conviccións poéticas ou literarias e comecei a camiñar lentamente cara as luces da cidade, que alá ao fondo mostraban o mencer dun novo día...

26 julio 2005

Marabilla da Semana: Lisa Bonet


Esta semana na sección temos á actriz e cantante Lisa Bonet. Recordarédela por ser a filla de Bill Cosby na famosa serie de telivisión...
... e aínda está de moi bo ver...
Barómetro Machista: 8
a votar!!!

21 julio 2005

Día de Farra... Día de Patria

O ano pasado non poiso ser, pero este ano verémonos de novo a noite do 24 nas rúas de Compostela, quitando a calor do corpo a base de cubatas de ron, paseos baixo as estrelas e vicios varios. Agardo vervos a todos esa noite, aínda que comezarei a chamarvos pronto...
Ó día seguinte, na tardiña, teño recital nas rúas da cidade, así que o que a resaca lle deixe pódese apuntar a escoitar algúns poemas malos... e outros peores. Pero iso é outro día...
saúdos

14 julio 2005

MISERABLES

Ando pola casa perdido
coma unha alma acostumada,
e cada vez todo é máis estrano...

A barba chégame ao peito
e enrédase como un soño estúpido
do que non podo sair.

Suspiro e miro polo patio
as intimidades dos meus veciños.
bragas
spaguettis
couldinas
colgan da trandeira
da miña comunidade...

entristéceme o mundo
entristéceme as miserias do mundo

SOMOS MISERABLES
SOMOS MISERABLES

07 julio 2005

Marabilla da Semana: Elisha Cuberht


Xa que agora as cousas van saindo máis ou menos ben... xa non está Fraga... os gais pódense casar... Madrid non foi escollida para os Xogos... etc, pois non teño moito polo que protestar; así que volvo á sección máis desexable do meu blog...
O barómetro machista (do un ó dez) con esta preciosa actriz canadiense de mirada provocadora...
saúdos
O seguinte paso sen dúbida será a República.. ¿ou non?

01 julio 2005

O Duque Rebelde



Hoxe,día 1 de Xullo fai un ano, deixaba este terrible planeta un dos mellores actores do mundo (para min o mellor sen dúbida). Pouco antes de morrer dixera en varias ocasións que tras a sua morte, os mercaderes do morbo aproveitaríanse para sacar cartos no seu nome; dito e feito... Cristie's subastou máis de cen obxectos persoais do Duque... fotos, libros, sombreiros, carnets de conducir, guións, cartas e unha morea de cousas polas que se chegaron a pagar máis de 300.000 dólares.
Sentindo que un actor de carácter, de método, de presencia como Brando abandonara este planeta, tan só podo agardar a que outro como el acapare a pantalla e non teña medo de denunciar as miserias que rodean o cine, e en definitiva a vida...
Como dicía naquel emblemático film: "Mantén preto os teus amigos... pero máis preto aos teus enemigos"...
Saúdos Duque