29 marzo 2006

Apocalypse Please


Día inservible. Érgome mollado e as malas novas recorren o meu corpo como acostuman. Teño e non teño traballo. Penso na fama. Penso nos estúpidos e estúpidas que coñezo. Penso no funcionamento do corpo humano... e deixo de pensar. Miro para a rúa. Chove e ninguén pasea, nin camiña, nin conversa. Escóndense no Centro Comercial e dan voltas. Non os culpo... de donde non hai non se pode quitar.
Acendo un cigarro no meu escritorio e decidome a ver unha película. Hoxe toca de guerra... de guerras interiores, de grandes batallas por non chegar a comprender este mundo... apocalypse... please.

25 marzo 2006

Sabado mediodía


Os Sabados son estúpidos como os demais días da semana. Abúrrome. Dicían por aí que aburrirse é de homes sabios... non o creo. Penso que aburrirse é un mal da sociedade de consumo. E eu, como un consumidor máis, actúo como un ser meramente capitalista: Como sentado no sofá, fumo un cigarro, tomo café, xogo a Play, fumo outro cigarro, poño os pés enriba da mesa, continuo coa Play, poño música, falo polo móbil,etc...
Despois arrepíntome de facer todas estas cousas, sobre todo xogar á Play e meterme na pel de Sam Fisher, un axente da CIA en misión secreta na embaixada de China.. un cabrón. Mátanme cen veces por partida, pero non me da lástima o moi fascista.
Fumo outro cigarro e miro pola fiestra. Chove. Pagaría por non ter que traballar os sábados pola tarde. Aturar á xente e as súas estupideces. Noxento.
Pagaría por quedar na casa toda a tarde matando chinos comunistas e fumando cigarros.
Son un capitalista.
Como todos.

23 marzo 2006

Easy Riders, Raging Bulls


Dende hai tempo non dou atopado un libro de ficción que mereza a pena.Non é coña. Case todo o que se publica hoxe en día paréceme basura literaria. Historias estúpidas sobre xente absurda que non existe neste mundo. Non o soporto. Así que ultimamente paseime ao xénero... non sei como chamarlle... o xénero da realidade-cinematográfica-infundanda-absurda-recopilatoria. Poderíamos chamarlle así. Aínda que para ser máis exactos poderíamos chamarlle "libros de cine" ou "libros biográficos sobre cine". O último que merquei, carísimo por certo, foi "Easy Riders, Raging Bulls" ou o que é o mesmo: "Moteiros tranquilos, Touros salvaxes". Un percorrido biográfico polos directores de cine máis importante da época onde se facía cine arriscado e verdadeiro: os anos setenta. Sei que hai cine moi interesante noutras épocas e noutros países sen ser este, pero o caso do que falo agora son os anos setenta nos EE.UU.
O libro, dunha maneira novelada, conta as correrías (alucinante) de directores descoñecidos naqueles anos, e hoxe moi coñecidos, como: Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Bob Rafelson, George Lucas, Peter Bogdanovich, William Friedklin, Steven Spielberg, e un longo ecétera. Anos nos que estes tipos suspiraban por facer unha película antes de cumplir os trinta anos. Algúns o fixeron e triunfaron; outros algo máis tarde e non triunfaron tanto. Pero se había algo que os unía a todos era: a ilusión por facer cine-guerrilla aproveitandose dos grandes estudios, as drogas, os grandes guións, as festas, e sobre todo, os dólares.
Coppola antes de cumplir os trinta era millonario. E coma el, Spielberg, Lucas, etc...
Aí estivo a súa perdición. Case ningún deles voltou facer unha boa película despois de verse rodeado de dólares, grandes mansions en Beberly Hills, coches potentes e comida abundante.
Dín por aí que para facer cine hai que ter cartos. Non o discuto, pero penso que para facer cine o primeiro e ter ilusión e necesidade.
Se algún de vós quere saber algo máis do cine dos setenta, pode facer dúas cousas: quitar da carteira 25€ e mercar o libro, ou case mellor, ver as grandes películas que se fixeron neses anos. A lista e longa e marabillosa: French Connection, Tiburón, American Graffiti, Malas Calles, Taxi Driver, The Godfather, Apocalypse Now, Easy Rider, The last Movie... ect..
Xa sabedes: Un pantalón de pata de elefante, colares de contas de cores, e a disfrutar de bó cine.
Non é un consello, é unha orde.
Saúde

22 marzo 2006

O Retorno

Despois de un mes e pico de retiro forzado, volvo a este blog maldito con aires renovados pero sen forzas. En breve publicarei algunha cousiña para ir retomando de novo a costume de escribir a diario.
Agardo que todo fora ben mentras non estaba.
Saúde e ata pronto