Unha tempada no inferno
Teño que recoñecelo: estiven morto. Sinto non ter avisado, pero é o que hai. Recibín chamadas de amigos e incluso de inimigos, pero non contestei a ningunha; é o que ten estar morto. Pensei seriamente en pechar o blog por defunción, pero dábame mágoa facelo despois dun ano e pico, asi que, facendo un esforzo sobrehumano, volvo a colgar algo por moito que lle pese aos meus novos amigos (os da foto)
¿Qué conte algo deste lugar? ¡Buff! non sei que dicir; penso que todos vos estivestedes algunha vez neste sitio, ¿non? Penso que si; cando baixades á rúa e ides ao banco, ou saídes un sábado rodeados de putos adolescentes. ¿Sabedes de que falo? Cando os meus novos amigos me din que son raros, non teño máis remedio que dicirlles: ¿raros? ¿por qué... por estar mortos? ¡Qué estupidez! Sodes exactamente igual que os vivos... a única diferencia é que cheirades peor... e iso tan só nalgúns casos.
Pois así están as cousas. ¿Cánto tempo vou estar aquí? ¡Eu qué carallo sei! Supoño que moito... polo menos ata que a estupidez deixe de flotar na terra dos vivos.
Algún día veremonos, non o dubidedes. Mentras tanto intentarei postear de vez en cando,pero debo admitir que me costa moito... sobre todo porque o adsl na terra dos mortos e unha merda.
saúde a todos e todas
15 comentarios:
No cierre.
Supoño que dicirlle que debería cambiar os seus novos amigos por outros non é moito. Seguiremos agardando a que volva do mundo dos mortos, aínda que sexa de forma fugaz mentres non decide reinstalarse deste lado, si, aínda que o adsl sexa unha merda. Saúdos.
esta foto qué es de las rebajas de esta temporada no ?. hay uno que se parece un poco al doctor house.
no te mueras tio..
Pues la verdad no hay diferencia entre tus nuevos convecinos y la fauna que me rodeo estos dias (que ya casi va para un año)
No cierres el chiringuito sino donde ivas a despotricar contra todos los vivos (o casi vivos), en EL PAis o en El Mundo
os mortos tenhem de bo que nom tenhen nada que perder (nom sendo que foran virgenes ao inferno! (si os/as virgenes fan todos/as ao inferno) por isso deben de ter o seu aquel, o de que lhes importa un caralho amar ou foder....
faga por volver de entre os mortos de cando en vez, aparézase aos seus amigos de cando estaba vivo. ou teremos que facer ouijas para convocalo ;)
saúdos.
ánimo y furia!!
d.
se xa o di o blog, FromHell, Death Coast...Vilainferno...
Alguén dixo unha vez..."os artistas nunca morren xq están todos mortos" Sempre terás a opcion de non ser artista pero ser un artistón
Viva señor Bahamonde, viva, que xa terá tempo para estar morto...
Un Saudo!
home se outros souberon resucitar antes que votede, a ver se fai por aprender e volte.
Se estás cos mortos, con máis razón debes postear para contalo!!!
Eu coido que debes de intentar resucitar como ben di Torredebabel, tes que voltar para contarnos que animación hai por alá...
Unha aperta forte e boa para que te anime a cambiar de mundo.
;)
ola habitante da terra dos mortos, quería convidarche a que participaras do xogo muscial que harvey e eu comezamos no blog. pasa por alí e fainos unha listiña de temas, anda...
un bicaso!
eses temasosss....tamos esperando ;)
Ehhh, pssiii, si, a ti, vasnos ter aquí plantados?
volve postar por diosssss!!!!!
Publicar un comentario