10 mayo 2005

cidades, violencia e algunhas cousas máis


Onte por motivos, metade laborais, metade vocacionais, estiven na Coru... ou en LaCoru...ou na LaCoru... ou como carallo se chame agora esa cidade na que nacín. O caso é que fixen algúns recados nuns grandes centros comerciais onde ás dez da mañá xa había mil persoas (case todas mulleres) malgastando as pensións e tirando da visa: unha barbaridade.
Despois o que fixen xa foron cousas de orde cotiá: tomar cafés, fumar cigarros, mirar a cantidade de idiotas coruñeses...
Tamén tiña pensado facerlle unha visita a Avogado do Diaño, cando me chamaron para facer un par de recados máis (síntoo Avogado... outra vez será).
Logo, xa co ceo gris, comemos meu irmán, Noe e eu comida chinesa e unhas ensaladas mentras viamos os Simpsons: cousas razonablemente agradables.
Pola tarde, antes de voltar ao inferno pasei por unha tenda onde soen ter boas películas e moita merda; pero mirade por onde atopei esta maravilla que vedes a vosa esquerda por tan só 4€...unha ganga pensei.
Hoxe ao mediodía mentras metía unha chuleta no estómago, e declinando a oferta de ver o telexornal e seguir escoitando estupideces sobre o futuro da monarquía española, disfrutei da película do defunto Sam Peckinpah. Unha marabilla como dixen antes; filmes que agora xa non se fan nin de coña... con bos diálogos, homes ambiguos e unha dose de violencia grande e xustificada. Unha pequena obra maestra.
Recoméndovola a todos, pero penso que será do gusto sobre todo de Menguante, Avogado e TomTraubert... seguro que a desfrutades. Senón, sempre poderedes vela pola actriz protagonista e os seus famosos peitos.
Vémonos nos bares

3 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Esta pelicula a vin fai moitos anos e non a entendera, fai 4 ou 5 meses vina de novo con Montse, pero a eso das duas ou tres da mañan un martes ou mercores a volta das cervexas, e foi cando me din de conta de varias cousas: a boa pelicula que veia, o gran papel do amigo Hoffman e que o bo cine o botan moi tarde.

From Hell dijo...

A Menguante: teñoa en dvd... así que cando queiras volver a vela, pasocha.
A avogado do diaño: está claro que na T.V as boas películas as botan a horas inhumanas
A TomTraubert... estar enamorado é moito peor que o horror e a excitación... é a maior das grandes cousas deste grande planeta.

From Hell dijo...

o dos idiotas é caso de estudio... idiotas hai en todolos lados: Coruña... Santiago... vigo ... Cée
Avisarei a próxima vez se o tempo está ó meu favor...
saúdos