Non é a marabilla da Semana
Estaba pensando estes días, en retomar a sección machista e moi visitada á cal chamaba: "Marabilla da Semana". Pensei en que estaría ben poñer a Scarlett Johansson... por moitas razóns. A primeira é evidente se mirades a foto. Outra razón pode ser que verdadeiramente esta muller non actua nada mal e o setenta por cento dos seus filmes son máis que interesantes. Por se estas dúas razóns non fosen dabondo, agora resulta que Scarlett vai quitar un disco... pero non un disco calquera na liña de Hilary Duff ou as demais actrices-parvas-cantantes; A boa de Scarlett vai sacar un disco onde versiona temas de Tom Waits: "Scarlett sings Tom Waits". Se algunha vez vistedes unha peli dela en versión orixinal e escoitástedes a súa voz, comprenderedes que é perfecta para versionar ao californiano.
Asi, e por todo isto, decidín non retomar a sección Marabilla da Semana por agora, pois vai ser moi dificil poder superala en sucesivas edicións.
Todo queda así... non é a marabilla da semana... é máis.
¡¡viva Scarlett!!
7 comentarios:
¡VIVA!!!
superable pero cunha semana quedaba contento eh!
Es más, es más...a mí me tiene "encantaíta", y lo de Waits es un puntazo.
Bss
Chamaredesme friqui, pero eu non lhe acabo de ver o de feeling, quizais quedeime coa imagen de lost in traslation...
no creo que baje de los 35 litros diarios
qué digo 35, no baja del medio quintal...
Que sensibilidade a de esta rapaza e que foto...im-presionante!
Publicar un comentario