Muxía - Exterior - Tarde
Hoxe estiven en Muxía, á beira do mar; levei a cámara, un paquete de Vantage e os Explosions in the Sky soando no casette do coche. Falando do coche, teño a dirección fodida. Cando movo o volante, tarda uns segundos en mover as rodas. É o que ten ter un coche de dezaseis anos. Aínda así cheguei de volta á casa enteiro. É o que ten non ter medo a un coche de dezaseis anos que se cae a anacos.
Para os que non teñades o mar preto, aquí deixo dous retazos de esperanza con olor a salitre e algazo.
5 comentarios:
Buen objetivo.
Ah, y de nuevo excelente cabecera, e inmejorable banda sonora.(En cuanto al auto, qué tal un plan RENOVE?Cuídese)
agradécese ;)
Obrigada por este momento à beira-mar.
Falla que fai que so se ve o mar verde da postal; fotos lindisimas as suas.Saudos dende terra adentro
Publicar un comentario