o que me aburro...
Non sei se é debido ao aburrimento ou que a calor comeza a quentarme o cerebro, pero deume por argallar unha exposición de poemas e fotografías para o mes de maio. Os que andedes por esta terra perdida, podedes achegarvos ata o Café Rodin e alí atoparedes entre o ron e o vodka esta estrana exposición de título Road Movie, composta de seis poemas e seis fotografías sobre a viaxe a terras estranas e profundas que teño incrustada na mente.
Pois iso...
Saúde
14 comentarios:
se me paso por aí, vereina. mellor dito, se me paso por aí chamarei, e así vos vexo a vós.
;)
um beijo ghrande, e a ver cándo pasades un día por Compostela, que tampouco vai ser cousa de que andedes metidos aí sempre. digho eu, nao é? pra mediados de maio ando a preparar un recital. Susiño, tes que vir. María estará e procurarei tamén traer ó de Vilanéboa. non me digas que nao é un bo plan...
beijocas!
se podo, conta comigo...
saúde
Que gusto volver saber de vostede :)
fotasa! que ghanas teño de ver os poemas :)
bico dende a meseta!
volves co sol...
estaría moi ben perderse nunha road movie...en terras estranas e profundas...irei!!
bico
no te llevaría el aburrimiento a hacer ese muro no?.
iré por ahí en un par de semanas como mucho.
salud
pois pasarei esta fin de semana por Rodín a ver as fotos e tomarlle algo é unha escusa perfecta para sair á rúa :)
saudos!
ata maio non vai esta colgado, pero segue sendo unha excusa moi boa para sair a beber, certo...
saúde
Hola Chaval!
Pois tiña moitissimas ganas de pasar aí a ver esa exposición, parece chulissima!
Pero non sei se me deixarán entrar en território galego!
Ainda que onte de noite estiven aí e ti tamén estavas e era Verán e estavamos con María bañandonos nunha praia da Costa da Morte que non che sei cal era pero foi chulissimo o soño. Bicos a vós todos e moitas saudades
Fili
Don Suso...aguardando que organice también, por piedad con los foráneos y otros bichos, las summer`s sessions.
Me alegra leerte.
A foto é moi chula.
¿e onde está ese Rodin?
rodin está enterrado, penso...
é o café, está mesmiño no centro de Vila-Inferno... é doado de atopar...
mágoa non poder ir a ver os teus poemas e ler as túas fotos, ou algo así... moita sorte!
Publicar un comentario