Virus e Riadas

Despois de que hai unha semana un puñeteiro virus atacara o meu portatil e o deixara para o arrastre volvo a estar conectado co mundo e en perfecto funcionamento. E podo volver a colgar no meu blog, e o primeiro que se me ocorre, aínda que aburra o tema, e que xa levamos aquí en "The Hell" catro riadas máis coas dúas de onte.
Dicir que vai haber un pleno no Concello para cambiarlle o nome á vila por Vila de Aquapark... é un chiste moi malo; tan malo como os políticos que non fan nada para mellorar esta situación e perden o tempo con firmas de proxectos en vez de levalos a cabo. Un chiste tan malo como os alcaldes que dan licencias de obra para que se construa enriba de rios e tapen a sua saída cara ao mar. Tan malo como o que deseñou o recheo deste sitio pensando que así ía facer unha gran obra de inxeñería...
Hoxe chove... así que ao mellor mañán volvemos ter a piscina aberta en cada barrio e en pleno funcionamento para o desfrute do persoal.
Iso si, as axudas para os que temos que ter pechado o negocio non se ve por ningures...
Como dicía aquel: "Mexan por nós e dicimos que chove"... excepto aquí, que chove por nós e non dicimos absolutamente nada.