06 octubre 2006

Un Luns Diferente Parte III... e fin


Xa para rematar co tema da riada (agardando que asi sexa, pois aquí hoxe chove da ostia) unha última reflexión.
Cando hai unha desgracia (do tipo que sexa: riadas, terremotos, incendios) hai xente que perde todas as posesións que ten; pero tamén é certo que hai outra xente que se beneficia (e moito) "gracias a esas desgracias". Dende o luns, en "The Hell" hai un desfile de grúas cargando coches cara os talleres; Empresas de limpeza privadas andan todo o día dun lado para o outro sen descanso. Outras empresas de montaxe de comercios, fan o seu agosto neste Outubro pasado por auga. Un sorriso no seu rostro lembranos que van pasar un Nadal moito máis agradable que o noso. Que así sexa.
Como na natureza, unha especie ten que ser sacrificada para que outra viva. Isto é o mesmo; nós somos os ñus e eles os cocodrilos.

Hoxe vin ao Presi Touriño paseando baixo a choiva por diante do bar onde adoito tomar café. Esta máis calvo que Dios... A televisión dende logo fai marabillas. A próxima vez deberían facerlle un plano cenital e veríades que cabeza máis despexada ten.
Non teño moi claro a que veu. Supoño que a prometer moito e quitar unhas boas fotos. A mercar votos a cambio de grandes axudas. Como dixen antes, nas desgracias hai sempre alguén que obtén beneficios. Este cocodrilo calvo non vai ser o que rompa a regra.
Fin da riada

5 comentarios:

X dijo...

Levo tempo a pensar no tema e ata que lin o teu post non descubrín que o tema era se son ñu ou crocodilo.
Eu tamén pido un plano cenital do presi ;)

From Hell dijo...

Penso que todos somos ñus. Eu de feito non coñezo ningún cocodrilo... nin quero coñecelo.

Marinha de Allegue dijo...

Sempre é o mesmo uns gañan e outros perden...
Terrible!!.

Unha aperta.
:)

Ra dijo...

Como dices, las copas llenas y en alto...por los ñus, y por tiempos mejores!Saludo!

TXARI dijo...

o inferno ja nom será o mesmo lojo da riada, nunca choveu que nom escampara e nunca escampou que nom chovera, cando escampa é cando saen os bichos das covas para apanhar o que a oitros levoulhe a chuvia...