16 octubre 2006

Visóns... eses enormes animais!!

Agora que voltan estar de actualidade os coñecidos visóns debido a unha liberación masiva ocorrida esta fin de semana, non podo senón recordar unha pequena anécdota que me ocorreu hai un par de anos.
Viña eu conduncindo pola estrada que vai de Fisterra a Cée, cando pouco antes de chegar a Corcubión pasamos por diante dunha granxa e a persoa que me acompañaba no coche díxome: "Hai anos escaparon desa granxa centos de bisontes e fuxiron polo monte adiante". Eu, que non lle estivera facendo moito caso a sua conversa, presteille atención debido ao seu chocante comentario e díxenlle: ¿Cómo que se escaparon bisontes desa granxa? Aquí non hai bisontes. Ela respondiume: "Aquí hai bisontes porque eu os vin moitas veces". Eu díxenlle de novo: "Dame igual que ti os viras. Aquí non hai bisontes, porque os bisontes aparte de estar case extinguidos, non son desta zona... e máis, non son deste país nin son deste maldito continente". Respostoume: "Pois eu dígoche que aquí na Costa da Morte hai bisontes e xa está". Eu: "Podesme dicir o que queiras porque non che vou crer. Podesme dicir que vistes onte dez millóns de bisontes pasar por diante da tua casa e non cho creo... "
Estivemos un anaco en silencio. Ela con aire de autosuficiencia por saber que nesa granxa criaban bisontes, e eu con cara de alucinado por ter escoitado de boca dunha persoa de cincuenta anos que na Costa da Morte se criaban bisontes.
O resto da viaxe fomos en silencio. Cando chegamos ao noso destino, esta persoa comentoume: "Haber unha cousa... se dis que os bisontes están extinguidos... ¿de onde quitan as peles para todos os abrigos que colgan no Corte Ingles?
Foi aí cando me decatei, xuro que antes non me dera conta, que ao falar de bisontes, en realidade estábame falando de visóns. A risotada foi sonora e longa. Aínda é hoxe o día que me rio ao imaxinar a John Wayne nas pradeiras de Nebraska cazando co seu winchester a eses pequenos animais...

10 comentarios:

mariademallou dijo...

hehe...eses pequenos animais teñen uns dentes ben afiados, pregúntello a miña nai que un deles case lle leva un dedo! non sei se os bisontes terán tan mala hostia comoa eses bichos dos abrigos.

Ra dijo...

Gracioso resulta también pretender cazarlos, como a los que correteaban hoy por el telediario, con un cazamariposas. Saludo!

TXARI dijo...

eu também creio que hai bisontes en estorde...ou as vacas dalí som moi raras, pero tenho visto um animal moi raro que creo que nom era uma vaca...nom sei...están extinjidos?...meu pai sempre nos dicia que o meu bisavó tinha un búfalo e chamabalhe bil, co tempo decatamonos que bufalo bil era como lhe chamaban ao can...

Bandini dijo...

cojonudo.

Scanix O Celta dijo...

Buenisimo.

PD Sera esta la cuarta plaga?????

Roi DaSaraiba dijo...

jajajajaj. boisimo.

Micas dijo...

jajajajaja. Qando estava a ler tambem já estava a ficar alucinada como tu, claro que só podia ser visóns. :D)
unha aperta

Mr Tichborne dijo...

Igual os bisontes son máis inofensivos (os animais, non os cigarros que había antes), porque os visóns traban de carallo.

... dijo...

Susiño...demasiada auga por ahí??!!non creo que os bisonte sepan nadar...

coidate.

mariademallou dijo...

su. vende o coche e merca unha chalana.