23 junio 2006

Gasolina

Fai algúns anos eu vivía en Compostela. Tiña un apartamento pequeno e todas as noites me emborrachaba. Normalmente en compañía de Tom Traubert e outra xente máis. Sempre amencía na rúa e ía almorzar xunto a Bandini que daquela traballaba nun bar. Despois marchaba a casa e durmía ata o mediodía.
Pola tarde escribía. Escribía moito. Poemas, relatos, ideas, curtas, diálogos, teatro, etc..
Tiven sorte e me publicaron un libro. Nunca pensei que o merecese, pero así foi. Recorrín o país co maldito libro presentándoo aquí e alá. Non estivo mal. Todas as noites regresaba a Compostela e seguía emborrachándome pola noite e escribindo polo día. Non era unha mala vida. Era unha vida.

Agora xa non vivo en Compostela. Dame igual. Alguén dixo unha vez que o verdadeiro fogar é o amor. É certo.
Agora xa non bebo polas noites. Tomo leite e miro o televisor.
Agora tampouco escribo. Levo anos sen escribir. Dicia un escritor xa morto que a bebida era a gasolina que precisaba para escribir. Non sei se será certo, pero incerto non era.
Agora estou estancado na tormenta e doulle de comer ao meu gato, vou ao supermercado e leo o xornal polas mañás. Son un home respetable e respetado na comunidade. As veces gustaríame incendiar a vila, cagarme diante da igrexa, e marchar sen pagar dalgún sitio. As veces gustaríame emborracharme con Traubert, almorzar con Bandini e escribir todos os días como antes.
Non é posible.
Sobrame respetabilidade. Fáltame Gasolina. Diesel, claro.

8 comentarios:

Bandini dijo...

pues yo te leo mejor que nunca.

Scanix O Celta dijo...

Si algun dia volveis a las andades me cojo un avion y me piro con vosotros

From Hell dijo...

gracias... debovós unha copa como mínimo aos tres.
saúde

... dijo...

Cómo que ya no escribes??? yo te leo casi a diario...y me gusta mucho. Creo que te está pasando algo importante...tus dos últimas entradas son diferentes, como si hubieses abierto alguna persiana y entrase la luz en rincones olvidados. Yo vivo en Santiago os daré un rinconcito cuando querais terminar la noche.
bicos

... dijo...

Cómo que ya no escribes??? yo te leo casi a diario...y me gusta mucho. Creo que te está pasando algo importante...tus dos últimas entradas son diferentes, como si hubieses abierto alguna persiana y entrase la luz en rincones olvidados. Yo vivo en Santiago os daré un rinconcito cuando querais terminar la noche.
bicos

From Hell dijo...

agradécese...

From Hell dijo...

Si, por que o digas ti, non te jode.
anda e vaina rañar por ahí..
¿valeche así de irreverente ou queres máis?

From Hell dijo...

Pártome contigo! de verdade...
Eu a boa educación gárdoa para a xente que me interesa; non para ti.
Os irmáns Marx están mortos. Berlanga acabado e Faemino e Cansado hai anos que se venderon e non se dan reinventado.
Non me molesta que me critiquen o que eu escribo, para nada.É máis, gústame bastante, o que non me gusta é que unha persoa (?¿)compare o meu texto con outro, cando en ningún momento quixen que se parecera ao estilo de ninguén.
É por todo iso polo que che invito a que non volvas a tocarme os collóns... máis que nada por que me aburres.
Saúde.
Por certo, non imaxino o cigarro no teu avatar; tan só vexo unha puta hamburguesa yanqui...
xa ves, un que ten pouca imaxinación