21 junio 2006

Grúas e Flores

Fai anos observaba esta paisaxe dende a miña fiestra. Moitas veces téñome achegado ata as grúas. Fumaba un cigarro baixo a súa base, ao lado do mar. Tiña a esperanza de que algún día deixaría de ver esas grúas dende a miña fiestra. Remataba o cigarro e bicaba a algunha rapaza. Teño levado rapazas ata as grúas a que desfrutaran da súa beleza. Nunca lles facían caso, ás grúas claro. Ás mulleres non lles interesa esas cousas: as grúas, os aceleradores, a economía... a min tampouco a verdade. Interésanme elas e as grúas nada máis.
Durante algúns anos, deixei de ver as grúas. Estiven fora facéndome un home. O malo diso, foi que me esquecín de facerme un home.
Anos despois regresei e as grúas aínda seguían agardándome. Estaban aí, de pé, como dúas torres que vixian a entrada da ría. Inamobibles.
Hoxe, como quén non quere a cousa, fun visitar as grúas. Levaba anos sen velas diante. Pensei que xa non estarían, pero aínda soportaban o paso do tempo e todas as mareas. Estas putas enterraranme.
Cheguei co coche e baixei. Observeinas. Acendín un cigarro. Non había sol nin rapazas. Estaba o mar, o meu coche e eu. Collín unha flor do chan e tireina contra a grúa. Creo que se moveu. Tremeu como treme a terra baixo os meus pes. Tireille unha foto. Esta foto. As grúas tremendo polo impacto dunha flor. Se vos fixades ben, verédelas moverse.
Mañá voltarei a plantar flores na base das grúas. Penso que é o mellor. En cuestión de días, as flores remataran por tiralas abaixo e eu por fin poderei marchar de aquí e non voltar máis.
Isto é o que penso. Grúas e Flores. E ti e máis eu.

13 comentarios:

Bandini dijo...

Cojonudo

From Hell dijo...

gracias...
... algún día che ensinarei as putas grúas

Marinha de Allegue dijo...

Confía nas Flores...
Unha aperta.
:)

Scanix O Celta dijo...

Cambioche as gruas por unha botella de barceló

(as veces lerte levantame a moral, dasme asco cabron)

Scanix O Celta dijo...

por certo, bo cambio.

From Hell dijo...

gracias por notalo...

... dijo...

Flores e rúas, e ti e máis eu...Estou impresionada,hai algo diferente neste texto teu...algo de romántico??pode ser??
Onte reinme moitísimo cunha amiga que me confesaba que o seu pai (albañil de 50 anos) disfrutaba das comedias románticas en segredo...o mundo nunca deixa de sorprenderme, non hai que dar nada por feito.
un bico (e flores, e grúas...)

From Hell dijo...

debe ser o cambio de look do blog que me pon de bó humor. De todos os xeitos, prometo seguir sendo tan pesimista coma sempre.
Que o mundo non che deixe de sorprender!

Roi DaSaraiba dijo...

Os cambios de look sentan ben digocho eu, pero podes estar tranquilo, o habito non fai o monxe. P.D gustoume moito o das gruas, gustoume unha chea. Avisa cando as flores fagan o seu traballo.

Roi DaSaraiba dijo...

ah por certo, tes que dicirme como se fan os cambios eses, queria tunear o meu un pouco tamen...

From Hell dijo...

mellor que explicarcho eu, deixoche unha dirección onde explican moitas cousas e hai links para outras páxinas de axuda para facer cambios. De todos os xeitos, dígoche que cada blog ten plantillas diferentes polo que cada cambio tense que facer de maneira diferente.
A ver se che vale: www.agregafotos.blogspot.com

Mr Tichborne dijo...

Se as grúas esas son as da Coruña, moito paseei eu por baixo delas. Son iguais en tódalas partes, e distintas cada día.
Bonito post e bonito novo "loox"

From Hell dijo...

Poderían ser da coruña, pero neste caso estan en Death Coast...
saúde