08 mayo 2006

Ponme a última tio...

O venres estiven moito tempo con Henry sobre o meu peito. Respira tan a modo e con tanta inocencia que me trasmite toda a paz que non atopo noutros lugares do mundo. Xa na noite, achegouse o meu amigo Marlon "Blando" a cear a casa; trouxo costilletas de cordeiro e viño. Rematamos a noite "pimplados" vendo os premios da música e disertando sobre que cantantes nos gustaría matar primeiro. Gañaron "El Canto del Loco" e "La oreja de Van Gogh".
Todo isto foi o preludio do sábado noite, onde Marlo Blando, o Negro e eu rematamos máis que borrachos observando como amanecía o día sobre os estúpidos edificos desta vila. Estivo ben; falamos de todos os estúpidos que mataríamos se tivesemos unha ametralladora desas que levaba Johnny Rambo. O sábado, na nosa mente, morreron máis de trescentas persoas acribilladas a balazos.
Despois, bebemos cincuenta chupitos de Napal... a nosa bebida preferida.
Todo iso foi un preludio do que máis me gusta dos domingos. Ter a Henry contra o meu peito dándome toda a paz que non atopo noutros lugares.
Foi o mellor da fin de semana; iso e matar a tanta xente.

5 comentarios:

DESORDE dijo...

excelente elección musical. se me permite, eu engadiría, para o terceiro posto, un emerxente grupo a asasiñar: el sueño de morfeo.
saudos

Mr Tichborne dijo...

matar ós do Canto del Moco e a Compresa de Cezanne cunha ametralladora? decepcióname, señor. Así, sen tortura ningunha nin nada... agardo que recrute voluntarios

mariademallou dijo...

moi ben escollidas as víctimas musicais, a próxima quedada destructiva por favor avísenme. recordos ao seu gato gordo e simpático.
bicos!!!!

satine dijo...

Boa fin de semana, si señor,así se amanece un luns con gañas e poucas balas.

johneymorgan5223549643 dijo...

Get any Desired College Degree, In less then 2 weeks.

Call this number now 24 hours a day 7 days a week (413) 208-3069

Get these Degrees NOW!!!

"BA", "BSc", "MA", "MSc", "MBA", "PHD",

Get everything within 2 weeks.
100% verifiable, this is a real deal

Act now you owe it to your future.

(413) 208-3069 call now 24 hours a day, 7 days a week.