05 mayo 2006

03.51h MADRUGADA – INTERIOR

Estou intentando durmir tan só cuns calzoncillos vellos e coas mantas tiradas no chán. Non teño frío, pero aínda así, teño a necesidade de taparme. Taparme ata a cabeza e durmir dunha santa vez.
Polo contrario, o que fago e erguerme da cama e ir ata a cociña. Miro pola fiestra. A cidade está tranquila como naquela película francesa. Sírvome un vaso de auga do grifo. Métome un par de pirulas na boca e bebo. Respiro forte e regreso á cama.
Dou voltas e máis voltas. Sudo e non dou durmido, así que me sento na cama e acendo un cigarro. Fúmoo. O cigarro séntame mal e teño gañas de botar toda a cea fóra. Vou ao cuarto de baño, póñome de xeonllos e abrazo a taza do báter. Bótoo todo. Remato e límpome con papel perfumado de cor rosa. Gústame a sensación do papel perfumado na miña boca. Estou cachondo e penso na camareira do Star. Desafógome dentro da taza do báter e límpome co mesmo papel rosa. Observo todo o que xuntei dentro da taza. Tiro da cadea e volto á cama.
Intento durmir de novo e por fin o consigo. Comezo a soñar. Soño cun enorme dragón de cor verde con cara de avestruz que entra desbocado nun estadio de fútbol, onde cinco mil persoas desfrutan dun concerto dos Rolling Stones. Morre moita xente.
Deixo de soñar.

3 comentarios:

Bandini dijo...

Deja los rollos sintéticos...y abraza la fe.

Scanix O Celta dijo...

Ti non sabes que o termalgin vai mellor polo nariz....

PD O do dragon e cousa do perfume do papel

Mr Tichborne dijo...

o dragón ese seica era dos beatles. Eu tamén durmín mal