The Good Life
Observo que na miña ausencia isto dos memes na rede segue sendo algo habitual, e xa que Ra ten curiosidade por saber que faría eu con setenta e cinco millóns de euros da bonoloto... aí vai.
Primeiro: como non, putear a un banqueiro. Se quere que ingrese os setenta e cinco millóns de euros na súa miserable sucursal bancaria, ten que cumprir unha serie de requisitos. Ten que atenderme un domingo as oito da mañá vestido de muller. Quero que abra a sucursal bancaria vestido de Gilda para que eu lle ingrese o boleto. E ademais, en vez do típico Mercedes ou B.M.W que che regalan por ingresarlle tremenda cantidade de cartos, o que quero é unha cena romántica coa súa muller nun elegante restaurante mentras el queda na casa fregando a louza. Iso mesmo. Para joder máis que nada.
Segundo. Montaría unha productora de cine, unha discográfica e unha editorial. Produciría as películas que me gustaría ver, os discos que me gustaría escoitar, e os libros que me gustaría ler.
Terceiro. Varias viaxes (típico, seino) a diferentes lugares do mundo... as selvas de Asia, a Ámerica máis profunda, o deserto Australiano, o norte de Europa, a estepa rusa...
Cuarto: (para Casatlántica) Mercaría mil carballos e unha escopeta recortada para que o sur deste país sexa máis fermoso e máis seguro. Ti xa sabes.
E quinto: supoño que ao final faría as típicas chorradas que fan os millonarios: mercar un yate, unha mansión, rodearme de putas, etc... pero agardo que nese intre siga tendo un amigo ao lado para que me dea unha ostia e me faga volver á realidade.
Máis nada... non é un bó día.
Saúdos
10 comentarios:
qué clase tienes¡¡¡
Me doy por satisfecha. Ya sabe usted que no esperaba menos.
Abrazo, Mr.
muitas gracias polo que amin me toca. ofrézome para colega que dá as hostias, aínda que non sei se eu resistiría as tentacións de millonario.
bicos enormes
¿¿¿porque razón os cartos aparecen en mans de xente con poucas boas ideas e as ideas aparecen en cabezas sin efectivo???
en fin alegrome horrores deverte de novo con ganas e fai tempo que estamos con sindrome de abstinencia polos teus vertidos de ideas directamente a rede.....directamente from hell
apertas suso
Yo me pasaría directamente al punto 5.
Y después del hostiazo de mi amigo y de vender el puto yate que paqueloquieroyo haría los cuatro anteriores y diecisiete más que ahora mismo se me ocurren.
besos!
d.
Se queres axúdoche a putear o banqueiro; mesmo podo ir coa escopeta recortada.
¡Ahí le duele!
o iate nono aparques en Brens que se mancha coa fábrica, e a cassa de putas que nom seja moi preto de quenxe... eu faría amighos co do punto 5 que a todos os meus colegas lhe ghusta isso de partirlhe a cara aun "billgaits" da vida...e montaría un Xanadú detrás do ghetto....
Ai! o de putear ao banqueiro é un dos puntos que mais me gustan, sobre todo nestes tempos.
Saúdos.
شركة المثالي سوبر للخدمات المنزلية
شركة الكشف عن تسرب الحمامات الظهران
شركة الكشف عن تسربات الحمامات الاحساء
ﺷﺮﻛﺔ ﺍﻟﻜﺸﻒ بالجهاز ﻋﻦ ﺍﻟﺤﻤﺎﻣﺎﺕ ﺍﻟﻘﻄﻴﻒ
Publicar un comentario