Mellor Actor Secundario
O dito, non pudo ser.
.
(O xurado, composto por César Casal, articulista e subdirector de La Voz de Galicia; Miguel Salas, poeta, profesor de español na Universidade china de Dailan e un dos autores do blog colectivo Global Galicia, e Carlos Agulló, subdirector de La Voz de Galicia e responsable da edición dixital do diario, escolleu como vencedor o relato Tempus fugit, do compostelán Xabier Santos:
Os outros catro finalistas foron Suso Bahamonde, co seu relato Quería ser actriz, Basilio Pedreira, co seu Universo humano, Ángel Rumbo, co seu Abelardus et Eloise Van Leeuwen e Ramón, co seu Do caso que lle acontecía ao doutor Xoán.
Todos eles levaranse unha camiseta de Lavoz.es)
Non é que tivera esperanzas, e tendo en conta que o premio non eran 100.000 euros... pois iso, que para outro a gloria, e para min, pois unha camiseta por quedar de finalista entre os 180 microrrelatos enviados.
Un dos meus actores preferidos, Mr. Madsen, non deixa de ser un secundario en todo o que fai;
e eu, ben, eu non son actor, pero xa van uns cantos certames nos que as palabras: finalista, segundo, accésit... acompañan o meu nome. É divertido. Aínda así, sigo preferindo que a bonoloto pete na miña porta para quedarse...
saúde
6 comentarios:
espero que no te pongas la camiseta de esa hoja parroquial.
unha camiseta.....sempre é un bo ánimo para os que intenta sobrevivir literariamente. Pensa que ben sendo mellor...que farías con tanto libro mal impreso?
FELICIDADES! :)
Noraboa, non pola camiseta (valerache para cando pintes, por exemplo) senón por ter escrito algo bo e por quedar destacado entre tantos participantes. Sobre todo polo primeiro.
Siempre me han fascinado los secundarios...son imprescindibles, y saben pasar desapercibidos. (Sabes que eres bueno sin que te lo diga La Voz o las voces...y de todos modos, Enhorabuena...A mí me gustaba Yoana, y que Bandini fuese el autoestopista, una microhistoria redonda).
De todos modos, Mr., yo no me pondría la camiseta ni para pintar...me tomo la licencia de verle con un atuendo más "Pasolini".
Mua
Con este tipo de actores pasa como coas carreteras secundarias: case sempre teñen moito mais que ver que as principais.
Un dos papeis, para min favoritos, de Michael Madsen é o de Reservoir Dogs, a danza que fai cando lle corta a orella o rapaz sentado e maniatado na cadeira. Sempre recordo del esa imaxe.
Un saúdo. Noraboa pola camiseta.
Publicar un comentario