Tarde de Gripe
Como ben di o título, onte foi tarde de gripe. O único día que non traballo da semana e téñoo que pasar no sofá, chutándome couldina e bebendo vasos de leite quente. Entre outras tonterías (ver malas películas, fumar cigarros sen sabor, etc..) tamén montei este vídeo con cousiñas que tiña ciscadas polo ordenador.
A ser felices por aí..
13 comentarios:
que tarde máis entretida :) para estar enfermo aínda o pasas ben de carallo.
gustoume muito paseo por vilainferno, ata parece unha cidade. ffermoso poema.
unha aperta enorme
yo no puedo cargar videos en el curro porque tengo el aparato capado.
y en casa tampoco porqu voy con un modem a pedales.
Si que son produtivos os teus días griposos, dos meus so saen mocos!
Bonito paseo, e deches no cravo coa música.
Canto me gustaría saber/poder facer este tipo de cousiñas.
Algún día que non teña nada mellor que facer podería falarnos da súa experiencia como recitador da súa obra.
Saúdos desde a Selva.
Recitador da miña obra?
Tan só dicir que os recitais cada vez me gustan menos. Aturo os que son en bares e hai alcol de por medio. Palabra.
Aínda así, sigo recitando polas amistades e por sentir que sigo vivo.
Saúde.
P.D Montar estas cousiñas son moi sinxelas, en serio.
E non haberá un santo milagreiro pras gripes?, je je.
Grazas pola rapidez na resposta :)
meu querido From Hell: tes que deixar o bar e poñerte en serio a facer cousas destas. va que lle fai a un sentirse ben? ela está preciosa, co seu sostén pensando en cousas que non sabemos. ela está preciosa.
o que nom vem por bem ven pola ghripe...moi bem montada a intrahistória de muitissima gente que vivimos-aturamos issa zona...preciossa!
bendito o teu resfriado!!
Gustoume moito o vídeo. Espero que veñan outros. Xa que recitas non estaría mal descubrir a túa voz...
Aperta.
Eso sería horrible. A miña voz non é como a xente agarda. Aínda así, hai que recoñecer que recito mellor borracho.Probado.
Mr...hará cuanto menos una trilogía? (Claro que, mejor, mejórese).
Mua.
O que pode dar de si unha tarde de gripi, mi ma!
Gustoume.
Publicar un comentario