Semana de Santos Ventos
Superbad (Greg Mottola, EE.UU, 2007)
O Mellor: A sincera amizade entre os tres protagonistas e o triste final.
O Peor: Algún chiste un pouco estúpido.
O Mellor: A sincera amizade entre os tres protagonistas e o triste final.
O Peor: Algún chiste un pouco estúpido.
E por fin marchou a Semana Santa coas súas procesións, prohibicións gastronómicas, misas cantadas e máis estupideces varias que se fan baixo o terrorífico poder do catolicismo.
E como non, durante a semana non tiven máis que facer que traballar dez horas ao día servindo aperitivos e vermús aos turistas que visitaban á costa atemorizada polo vento do nordeste; famoso e coñecido polos vellos mariñeiros, pois se sopra durante máis de tres días seguidos, a xente comeza a poñerse de mala hostia e uns botan contra outros baixo unha incesante dor de cabeza. En serio, é un vento horrible que é capaz de mudar os costumes e a tranquilidade da vila como se tal cousa. Nesta ocasión non chegou o sangue os sumidoiros, pois tan só soprou dous días seguidos. Aínda que a min me doeu a cabeza igualmente, e seguramente tivo que ver nesa dor o feito de aturar a guiris con sede e fame durante dez horas.
Agora, neste día libre que paso entre mocos, estornudos e máis dor de cabeza, tan só quero durmir; pero non podo, o teléfono non deixa de soar en toda a tarde, así que fumo, tomo un café e navego pola rede un anaco. Escribo por aburrimento... como todo na vida.
Verémonos nalgún atardecer
seguro
Saúde.
7 comentarios:
Seguro.
Lo prometido endeuda, amigo, así que no a mucho tardar te hago una visita un lunes, pero tranquilo que te llamaré por ver si te viene bien. Y no te vuelvas loco, compadre, más no.
Abrazos mil, y una pena y un whiski por Rafael Azcona
Un meme chegou á Selva. Saúdos.
Moi interesante o post da Selva de Esmelle (a de X non a de Cunqueiro)
Como nos gustan as listas aos blogueiros... ja, ja.
el del medio está obeso. el de la derecha acabará en la heroína y el de la izquierda será amante de algún gobernador del partido demócrata. me lo dicen sus caras.
quen fora guiri!!
pra poder desfrutar dese vento do nordes e voltar a madrí contando o ben que tiran as cañas na costa da morte y o simpaticos que son os taberneiros....
o unico pero e que non puxeches manises de tapa.
A proposito Bandini, yo creo que te equivocas, el de la izquierda es el heroinomano y el de la derecha va a ser el secretario personal del gobernador... no??
a ver, el heroinómano es el de gafas´, eso categoricamente ;)
Publicar un comentario