Help Me, Brother
Dende sempre me gustaron os dramas carcelarios. As películas que teñen como escenario principal unha prisión producen en min unha sensación de familiaridade, como menos, inquietante. Hai filmes como "The Shawshank Redemption" ou "Escape from Alcatraz" que retratan dunha maneira espectacular o desexo de calquera preso: fugarse.
Este ano, poiden desfrutar dunha serie de televisión que retrata o mundo das fugas carcelarias dunha maneira trepidante. A serie en cuestión chámase Prison Break. Cada capítulo leva enriba uns guións dunha calidade excelente, pouco frecuente na televisión, que a traves de diferentes subtramas, vanse xuntando para texer unha formidable historia.
Todo aparentemente é moi sinxelo: Un condeado a morte polo asasinato do irmán da vicepresidenta dos EE.UU; o irmán que entra no carcere (atracando un banco) cun plan de fuga para el e o seu irmán; Un plan que, como se fose unha tela de araña, van texendo pouco a pouco, involucrando a outros presos que agochan cada un a sua historia personal interrelacionada co protagonista.
Teño que recoñecer que poucas series de televisión na vida captaron a miña atención dunha maneira tan descomunal. Pero é que esta serie a merece...
Para os que teñades unha vida social pobre e a televisión (e as boas historias) sexan un bó aliado no voso descenso aos infernos, non dubidedes en botarlle un vistazo a esta excelente historia de cárceres, dramas persoais, políticos corruptos, acción desmedida e personaxes ao límite.
Saberedes agradecermo.
4 comentarios:
No sabría si agradecer más la recomendación, o su vuelta, Mr.Fromhell.Ambas imprescindibles.
agradécese...;-)
e o do olfato tamén... creo
moi boa recomendación, a serie está moi ben feita. eu tamén me enganchei dende que temos fox na casa... mantén o suspense e o interese ata o último minuto ;)
Publicar un comentario