20 noviembre 2006

It's raining... euros

Cousas que ocorren.
Hai mesmamente un par de semanas en VilaInferno escoitábanse cousas como: "Deus non existe"..."Isto é unha maldición"... "Estamos malditos"... bla,bla e máis bla. O sábado pola noite, a casualidade e a primitiva deixaron 2.838.000 millóns de euros en Cée.
Entón de súpeto a cousa cambia e moito; xa comecei a escoitar pola rúa cousas como: "Deus existe"... "Isto é unha bendición"... "Somos afortunados"... bla, bla e máis bla.
A xente é estúpida. Abúrreme toda esa merda de que despois dunha desgracia chega unha bendición... Todas esas estupideces de que onde ocorre unha tradexia seguro que toca a lotería... e demais gilipolleces.
O que ocorre, é que o que aconteceu o sábado, desmonta a miña teoría de que non teñen nada que ver as tradexias e a fortuna. ¿Quén lle discute agora aos viciños de Vilainferno que aquí non vai tocar o Gordo de Nadal? De feito, hai semanas que non hai un só décimo do sorteo de Nadal en toda a vila. Xente de todos os puntos da xeografía achegouse ata aquí para mercar décimos e máis décimos de lotería. Como se esta vila estivera bendecida. Supoño que algún incluso foi restregar o seu décimo polo monte queimado ou polas praias onde aínda queda chapapote, ou polos rios que atravesan esta vila e que se desbordan cando chove moito, como se dun chepudo se tratase.
Cousas que ocorren.
Se en todos os lugares do mundo onde ocorren tradexias tivera que tocar a lotería, en sitios como Palestina, Sudán ou Colombia (por nomear algúns) tiñan que estar forrados.... se tivesen xogos de lotería, que descoñezo se teñen.
Non sei que pensar de todo isto. Que cada quen pense o que queira e actue en consecuencia.
Eu seguirei traballando (pois non fun eu o afortunado) e pensando que tal vez sería mellor que non navegasen máis Prestiges por estas costas, ou que ningún pirómano pasease polos montes ou que alguén con cabeza deseñara un bó plan urbanístico para esta vila. Deste xeito todos seríamos afortunados igualmente sen gastar un euro en loterías.

8 comentarios:

Bandini dijo...

cuánta razón tienes¡¡¡. ¿cuándo tomamos algo carajo? el sábado estoy de cumpleaños os invito a una ronda o dos.

pd. seguro que tocaron tantos millones de euros?, hay tanto dinero en el mundo?

From Hell dijo...

joder... que ilusión me faría poder ir, pero sabes que o sábado é dia laborable para min. De todos os xeitos pronto tomaremos algo... por descontado.
Bicos

Roi DaSaraiba dijo...

Suso rules!!!

Ra dijo...

Pues va a ser verdad que la fé es ciega. Paciencia, Mr. Fromhell.

Scanix O Celta dijo...

A ti no te toca por que no te has cagado lo suficiente ni en cristo ni en la dios

Unknown dijo...

Xa ves a ignorancia inventa sinais de deus nas casualidades
non fagas caso iba a tocar ainda que non se inundara.
E non tocara o gordo de navidad porque deus xa pagou a debeda...jejeje.
Oes!! ti crees que o da loteria e casualidade....
eu penso que esta amañado o maximo...tantos cartos
todo tan anonimo y tan secreto.....pensa sobre iso
como fan os do carto nejro para atopar aos afortunados pola loteria??
e comprarlle os boletos.... non o sei paero fano

Lilo dijo...

Perdón, se que no debo meterme, donde no he sido llamada, pero ya que estoy aquí, que puedo decir, estamos todos jodidos!!!

From Hell dijo...

podeste meter onde queiras... non hai problemas.
E é certo, fodidos estamos todos, pero tanto os que teñen cartos como os que non teñen un can...