25 octubre 2006

Virus e Riadas


Despois de que hai unha semana un puñeteiro virus atacara o meu portatil e o deixara para o arrastre volvo a estar conectado co mundo e en perfecto funcionamento. E podo volver a colgar no meu blog, e o primeiro que se me ocorre, aínda que aburra o tema, e que xa levamos aquí en "The Hell" catro riadas máis coas dúas de onte.
Dicir que vai haber un pleno no Concello para cambiarlle o nome á vila por Vila de Aquapark... é un chiste moi malo; tan malo como os políticos que non fan nada para mellorar esta situación e perden o tempo con firmas de proxectos en vez de levalos a cabo. Un chiste tan malo como os alcaldes que dan licencias de obra para que se construa enriba de rios e tapen a sua saída cara ao mar. Tan malo como o que deseñou o recheo deste sitio pensando que así ía facer unha gran obra de inxeñería...
Hoxe chove... así que ao mellor mañán volvemos ter a piscina aberta en cada barrio e en pleno funcionamento para o desfrute do persoal.
Iso si, as axudas para os que temos que ter pechado o negocio non se ve por ningures...
Como dicía aquel: "Mexan por nós e dicimos que chove"... excepto aquí, que chove por nós e non dicimos absolutamente nada.

9 comentarios:

Desorde dijo...

supoño q xa o viches....: http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=52957&Ed=1

Ra dijo...

Cée se está llevando más agua de la cuenta este año. ¿Quién se hará cargo del superávit?.Dejando estas putadas y los virus aparte,se le echaba ya de menos por aquí, Don Suso.

llll dijo...

quizais tamén chove así porque mexaron por vós... refírome ó estado das infraestructuras e todo o demais...

um beijo jrande, e ánimos, meu.

Scanix O Celta dijo...

Cambia o negocio por un de pesca submarina, ou de pesca a secas, con botas de goma jrandisimas. vaste forrar. Admites socios ???

Roi DaSaraiba dijo...

ten o seu lado bo, se vas facer botellon, no tes que agacharte pra pillar a botella

TXARI dijo...

i know!!!! have you ever seen the rainnnn?...os credence jâ estiveran na sala de festas da junqueira denantes de triunfar...

mariademallou dijo...

aí estaba aparcado o meu forito o outro día!!!!

Micas dijo...

Agua por todo o lado e non é só em Galicia, em Portugal também, mas quem mais agua mete é o governo...
Para que não sejam só desgraças nem só agua, deixo-te um pouco do sol que apesar de "tudo" ainda vai brilhando pela Germania ;)

X dijo...

Pensei estes días en vostede, alégrome de que siga posteando no blog, saúdos e ánimo ;)