Apocalypse Please
Día inservible. Érgome mollado e as malas novas recorren o meu corpo como acostuman. Teño e non teño traballo. Penso na fama. Penso nos estúpidos e estúpidas que coñezo. Penso no funcionamento do corpo humano... e deixo de pensar. Miro para a rúa. Chove e ninguén pasea, nin camiña, nin conversa. Escóndense no Centro Comercial e dan voltas. Non os culpo... de donde non hai non se pode quitar.
Acendo un cigarro no meu escritorio e decidome a ver unha película. Hoxe toca de guerra... de guerras interiores, de grandes batallas por non chegar a comprender este mundo... apocalypse... please.
4 comentarios:
Por unhas ou por outras, nunca vin esa peli enteira. É na que fan surf namentres queiman todo con napalm?
si señor... esa mesma
A ver se sae o sol e podes airearte. Un pouco de aire fresco fai milagres.
Un saudo dende unha terra con seca.
O das malas novas e malo pero o de erguerse mollado, bueno, habería que analizalo detidamente. Non sei se podemos contar coa apocalyse pero estos días eu acórdome moito do diluvio de Noe e dame por pensar si estarei dentro ou fóra da arca...
Publicar un comentario