Ser e Estar
Éramos novos. Bañábamonos antes da tormenta e baixo a auga, escoitábamos o silenzo do tempo suspendido no ar. Éramos os máis grandes. Despois, conectábamos o secador e mudábamos a cara; exactamente, poñíamos cara de sábado e entrábamos de cheo no ollo da tormenta. Así éramos.
Camiñábamos como Tonny Manero nas rúas dos setenta e acendíamos os nosos chesterfield contra o vento e a choiva. Era o mesmo. Non había nada que poidera con nós.
Entrabamos a paso de xigante nos locais máis mundanos e pedíamos litros de cervexa para mesturala coa sota, o cabalo e o rei; o que gañaba, pagaba. Asi éramos.Ninguén perdía e todos gañábamos.
Seguíamos camiñando baixo as cancións de moda daquel tempo. As nosas cancións... as nosas estúpidas cancións da época. Despois, perderse na barra como auténticos cabróns. Botábamonos as cousas á cara e ríamos por ser tan imbéciles. Eu ría máis que ninguén... era o máis imbécil, e gustábame.
Pedíamos tres rondas para non perder o tempo e nunca invitábamos a ninguén. As mulleres non miraban para nós, e nós, mirábamos para elas de tal maneira que sempre remataban falando con nós. Éramos novos e persuasivos. Elas, virxinais e influenciables. Todo era perfecto.
Cambiabamos de local e personalidade co paso da noite e cada vez máis mulleres miraban para nós. Seguian a ser virxinais e puras, pero estaban borrachas. Nos éramos novos, e algunhas delas xa non o era tanto. Gustábanos. Novos con divorciadas. Sentíamonos verdadeiros homes adultos imbéciles. Todo un orgullo.
Soaban máis cancións de moda e a nós xa non nos importaba. Éramos novos.
Remataba a tormenta e chegaba a calma. Sentados fronte o mar. Sempre á beira do mar. Falábamos do divino, do humano, delas, de nós, do mar...
Éramos novos. Agora non.
Agora penso na indiferencia que provoca o tempo. Nas pequenas diferencias.
Ser e estar
Ser e estar
Ser e estar..
Fun e estiven... sempre.
7 comentarios:
Agora se cadra facemos o mesmo, pero ten menos graza.
É certo... eu sigo facendo o mesmo e cada vez faime menos gracia... cousas da idade... ou do estómago, quén sabe...
Colloudo. As veces tamen sinto o mesmo a pesar da miña idade, coido que escomencei a ver barras antes do debido. Eu creo que cando era "novo" preocupabame menos todo.
agora é o mesmo pero con outras cancións...
;)
anímese a facer unha selción de temas da súa vida tipo alta fidelidade...xa sabe para que ;)
un saúdo!!!
O verdadeiro problema no e seguir facendo o mesmo, cando vaias os bares en non coñezas as cancions e mires para a xente e todos sexan mais novos iso sera un problema, e o cambiar de pola veras que todos son maiores que ti e non saberas onde agocharte iso sera outro problema. PD un amigo meu di que eses problemas solucionanse bebendo absenta....
absenta...ummmm....
Tou dacordo con Muralla, cada momento ten o seu encanto e hai que disfrutalo sendo e estando nel.
Unha aperta grande.
:)
Publicar un comentario