Outubro Blues Again
Amanece outubro chuvioso(por fin)despois de quince días vacacionais onde o pretérito verán asomou polo borde dunha copa de barceló e iluminou as noites ó lado das compañias máis queridas e extranas. Eu son unha persoa que non estou acostumado a ter vacacións; supoño que é herencia polo feito de ser fillo de obreiros. Tampouco é que me guste traballar, é máis, odio traballar, pero é o futuro que me gañei durante moitos anos estudiantís. Pero non era disto do que quería falar... eu quería falarvos destos quince días no que o verán volveu asomar no horizonte da tristeza... destes quince días que aproveitei facendo cousas de interes persoal, intelectual(é coña) e sexual(máis coñas)... en definitiva cousas que acapararon estes quince días pasados.
Como podedes observar pola imaxe superior estiven practicando coa cámara fotográfica utilizando á miña compañeira cósmica de modelo. Non vou ser William Klein, pero é divertido tirar fotos a todo o que se mova.
Outra cousa na que aproveitei o tempo foi na esquecida lectura. Atopei... ou mellor dito, atopáronme un libro de fermoso título que levaba tempo buscando: "Levantad carpinteros la viga maestra" do maestro Salinger... recomendable. Como tamén é recomendable o libro que tivo a ben deixarme (devolvereicho)o magnífico Menguante: "Un año pésimo" do inigualable John Fante. Gracias...perdón Grazas.
Quitando as fotos e a lectura non fixen outra cousa máis que beber ó lado do meu irmán,diablito e avogado do diaño na cidade da eterna luz... e beber de novo ó lado de TomTraubert, Casatlantica e Menguante na cidade da luz agochada baixo terra. Boas experencias etílicas que non nos levaron a ningún lado e serviron por outra parte para sorrir un anaco que nunca está de máis... por todo iso: gracias... perdón, grazas a todos.
Agora que xa estou de volta, seguirei semanalmente escribindo neste blog de perdedores, alcólicos, estúpidos idealistas... e que vós estedes aí.
Saúdos e bicos
P.D Saúdos tamén as fenomenais amigas do Malas Pécoras... boas copas que serven aí.
4 comentarios:
Yo pensaba que solo veias en blanco y negro y ahora nos sorprendes a todos con la fotografia. Ya sabia yo que eras como el libro de Petete, siempre lleno de sorpresas. Preciosa fotografia portada espero de tu proximo libro.
Besos
Graciñas a todos por as vosas palabras...
sodes como os fillos que non quero ter... grazas
que grandes días de verán e vacacións, a primeira vez que gañei ao trivial ;)
agardo vervos pronto. pásadeo ben coa cámara. de certo é chula a foto.
a primeira vez que che deixamos gañar ó trivial... ja,ja
é coña... gañaste con todos os méritos..
Publicar un comentario