03 octubre 2005

Not to touch the earth...Henry


Paralízase o mundo, e as persoas e incluso os gatos porque a lúa pasou por diante do astro sol sen pena nen gloria. Unha penumbra a media mañá que espertou a idea agochada durante moitos anos, de que as cousas máis grandiosas do universo non son patrimonio exclusivo dos humanos idiotas; cousas como a lúa baixo os teus ollos...ou o sol que ilumina os nosos amenceres obreiros camiño do sur do país...ou o vento frío que recorre o deserto de Nevada antes de chegar á cidade das luces e os dados trucados... ou as follas de herba que medran a modo nos ocultos bosques do Courel... ou os copos de neve que converten as rúas de Londres nun baile de namorados baixo os farois eléctricos...ou a choiva intermitente que bate nos coches das autopistas nocturnas que sempre levan ó norte...
As grandes cousas escapan ó noso entendemento. Somos imbéciles sen remedio.
Cantaba alguén fai xa anos: "Not to touch the earth, not to touch the sun..."e alguha canción máis. Era un borracho pero dicía cousas certeras.
Por iso maldigo o día no que os simios africanos baixaron das árbores e comezaron a camiñar para que, miles de anos despois, decidiran facer estatutos, construir valados fronteirizos, lanzar opas hostís ou construir petroleiros que surquen os nosos océanos. Maldigo ese día e tamén maldigo este día de penumbra no que o meu corazón tapou a pouca lus que quedou entre ti e máis eu, para rematar regalándoche todo o amor que flota entre ti e máis eu.
A Noe e Henrique...

7 comentarios:

satine dijo...

Que fermosura de texto. Que envexa me das. Parece mentira que a alguén coma ti, o escribir non o saque de traballar, aínda que todo se andará. Moi linda tamén a fotografía así coma o felino. Amanecestes creativo nesta mañá de eclipse.

menguante dijo...

Precioso. Y acertado.

Avogado Do Diaño dijo...

Hermoso texto y preciosa foto, me encanta el detalle del reflejo del sol

TXARI dijo...

e cantos disfraces e peles necesitamos para espir o corazón, e cantos satélites e ondas surcando o ar para pronunciar "i love you" na orelha de aljén...somos os seres que máis complicamos a sinjeleça da natureza...quem for o jato da foto pasando do eterno momento...

mariademallou dijo...

presiosa reflexión, máis que a atmosfera bladeruner da lus eclipsada.

TomTraubert dijo...

Eres un crack (adictivo y letal) y como siempre, la alegría de la huerta. Precioso epitafio, a pesar del bicho peludo que le salió al televisor

Roberto Iza Valdes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.