Océanos
Como se non o soubera
quixestes construir
un acuario no automóbil
como parte de nós.
Recollías a cada sol
cantos, amapoulas e metal pesado
que gardabas a modo
no meu peito enfermo
unha fauna de corazón
Despois
tan só tiñamos
que agardar que chovera
por nós adentro
e comezar a nadar.
.....................
Chegamos ao océano
coas primeiras luces
dos esqueletos dos barcos.
Ti durmías
sempre
cos ollos abertos de soñar.
Aluguei un mar para ti
e valeirei o noso acuario
de fracasos
amapoulas
e enfermidades.
Residuos marítimos
que habitaron
por sempre no teu mar.
Despois
durmir
xunto aos teus ollos.
3 comentarios:
Gracias por tus poemas y las alegrias que me da leerte por las mañanas
tamén a min me gustaron... quede dito
tamén a min me gustaron... quede dito
Publicar un comentario