Ateos, comunistas, obreiros do carallo.
Hai que foderse, en serio. Hoxe, xoves santísimo e divino deberiamos estar todos durmindo acompañados ou non, pero durmindo; ou metidos na cama agardando que alguén nos traia o almorzo; ou mesmo botando un deses de pola mañá que sentan tan ben e deixanche outro corpo para todo o día. Deberiamos estar facendo calquera cousa... calquera menos traballando que é o que estou facendo agora mesmo.
Xa sei que parece incríble, pero é certo. Agora mesmo (10.45h) estou no meu posto de traballo mentras os demais fillos de puta descansan ou durmen ou agardan almorzos na cama... ou o que sexa. Eu non.
Supoño que isto de traballar en día santo seguro que ten que ver co feito de ser ateo; quero dicir, que aqueles que crean na gran divinidade... aqueles que teñan fe... aqueles que vaian regularmente a misa son os que de verdade merecen descansar en día santo. Os demais, malditos ateos comunistas obreiros do carallo temos o que merecemos... un día laborable máis.
Estou seguro que algunha forza superior (dende o seu punto de vista) meteu baza para que eu tivera que traballar hoxe. Agora ben, dende este blog divino podo asegurarlle que as cousas non van quedar así; diso nada. Preparate señor porque a vinganza será cruenta... como mínimo.
Bó día santo a todos os homes e mulleres de ben...
aos demais... boa xornada laboral.
3 comentarios:
así me gusta , traballando como ten que ser...coma os curas, que son dos poucos que traballan en xoves santo!!!
ai señor
Todo iso foi unha confavulacion xudeocristianomasonica, se mercaras unha botella de stanislaya verias que de supeto todo era mais divertido
oistes oh! xa se che acabou a ansia de traballo?é que levas días sen regalarnos nada e a verdade... podías postar algo para os que nos aburrimos polas noites...
por certo se pasa pola miña casa intenta deixar un comentario a ver se podes que diablito di que non vai.
grasias.chau
Publicar un comentario