22 marzo 2005

American Way of Life...oh yeah


A Javi e Ángel... grandes coñecedores da Amércia máis profunda.
MANEIRAS
Ao rematar os seus estudos de bacharelato, Calvin comezara a traballar na ferretería do seu pai na avenida principal de Carlton.
Carlton era a típica vila situada no medio oeste americano, entre os grandes campos de centeo e as autoestradas que levan ata o pacífico. Era unha desas vilas aburridas e monótonas onde tanto nevaba no inverno como facía moita calor no verán.
Os seus tres mil habitantes aproximadamente vivían na súa maior parte da gandeiría e da agricultura. En Carlton había unha grande avenida principal onde se concentraba o escaso comercio local. Tamén había a dous quilómetros, na estrada que conduce ata as soleadas praias californianas, un centro comercial construido fai meses e inagurado polo governador do estado. E iso era todo o que había en Carlton.
Pouco despois de comezar a traballar co seu pai, Calvin coñeceu a Lucy nun dos tres bares que había en Carlton. Lucy era a camareira dese bar. Namoráronse e un bonito domingo de outono casaron na capela de Carlton e despois celebraron o banquete no restaurante do tio de Lucy, preto do río que parte o estado en dúas metades.
Meses despois, Calvin pediu un crédito no American West Bank, mercou unha casa de dúas prantas nas afóras e hipotecouna.
Lucy quedou preñada ao pouco tempo, así que Calvin decidiu deixar o traballo na ferretería do seu pai e buscar algo que lle reportara máis ingresos.
Atopou un traballo de encargado na sección de alimentación do centro comercial.
O pequeno Jim naceu en outono e pouco tempo despois foi bautizado na capela de Carlton.
Dous anos despois, Calvin ascendeu a xefe da área de alimentación do centro comercial.
O irmán do pequeno Jim, John, naceu en agosto e tamén foi bautizado na capela de Carlton.
Pasaron os anos e Calvin foi ascendido a xefe de todas as áreas do supermercado do centro comercial, no mesmo ano que cumplía cuarenta e dous e o pequeno Jim comezaba o bacharelato.
Un sábado de setembro dese mesmo ano, Calvin saiu de traballar do centro comercial ás dez da noite; parou a súa ranchera no bar onde coñecera a Lucy e tomou un whisky só; despois chegou a casa, bicou a Lucy, despediu a Jim que ía a ver un partido cuns amigos, saúdou a John que estaba a ver o programa de Ed Sullivan no televisor, subiu ao seu cuarto, colleu o revolver que lle regalara o seu pai polo aniversario de boda e meteuse un tiro na testa ao tempo que se deitaba na cama.
Dous días despois foi enterrado no cementerio, atrás da pequena capela de Carlton.

1 comentario:

Scanix O Celta dijo...

Ves como yo tenia razon, todos como Hommer