06 septiembre 2009

Os Camareiros Odian ós Actores





Os camareiros odian ós actores

E é que sair a poñer un café con xeo na terraza
e un paxaro atravesando o ceo
espétase na grande fiestra,
cae ó chan
respira pesadamente,
sangra pola boca…
tímidamente
sen sentido
e morre.

Póñoo nas miñas mans
e tíroo no contedor de lixo

É o sol, que alumea o olor a salitre
neste verán artificial
os actores almorzan felices nas terrazas
preto do peirao
e os camareiros odianos
baixo o sol,
polo que botan en falla
da vida… da gran vida
que botan de menos
entre a escuridade do cuarto húmido no inverno
en segredo.
E serán tal vez as gaivotas
as que xulguen a situación
vista dende o seu ceo
como nun plano xeral picado
dende a barra do bar
penso en poder facer que asi sexa
entre os cafes con xeo e as cañas de cervexa
sen odiar
sen odiar
intentando non odiar.

E así despois de que os paxaros morran nas vidrieiras
e os actores sexan felices nas terrazas
chegará o inverno
perfecto
chovendo dende o salón para fora
e tan gris como as mañás húmidas no monte
que esconde o seguinte verán.

Todo perfecto
coma un conto infantil
deses de terror no que o neno sempre é un enfermo mental.
enfermo vinte anos seguidos.
podería matar ás gaivotas, ós actores, e ós turistas
e todo seguiría igual
imperfecto
como unha novela deprimente
de moteis sucios e noites con suor a ron.
hoxe non matarei a ninguén
pois teño a esperanza de que entre as baldosas da miña casa
comece a nacer un naranxo, ou un viñedo
que a terra poda con todo
que a terra tape ese maldito sol
onde as gaivotas buscan as mellores vistas
dos actores sendo felices nas terrazas
e os camareiros odiándoos
sen fin

13 comentarios:

From Hell dijo...

si, efectivamente, xa o sabedes... o actor é unha vella gloria que sale nesa adaptación da novela de susan e. hinton.
saúdos

Ra dijo...

Homiño de palabra :)

Unknown dijo...

pero que alegria, seguro que te zumbaban los oidos, que ya te habiamos puesto podre y apostabamos a que no............... y al final SI

oye, una duda, porque yo pensaba que todos los actores en paro, trabajaban de camareros ¿es posible que si a este camarero le dan curro de actor , se suicide??

apertas suso, vemonos en breve

Mr Tichborne dijo...

Eu aposto por Thomas Howell ou Ralph "Karate Kid" Macchio. Curioso que todos eses actores trunfasen agás os dous principais protagonistas, que non se comeron nada.
Vaia alegría me deu o RSS dicíndome que estabas vivo e vexo que en forma! A ver se desta vez non te agachas tanto tempo.
Saúde!

A. Doinel dijo...

Clap, clap, clap (creo que es la onomatopeya del aplauso ¿?). Amigo mío, casi había perdido la fe en usted -mea culpa. Gracias por este cristal roto de novela negra.
Abrazos desede el interior.

mariademallou dijo...

que se fodan os actores. tres hurras polos camareiros coma ti!!!

R. A. dijo...

¿Hai algo de cronopios e famas nesa guerra atroz entre actores e camareiros?

Torreira dijo...

A esto chámaselle odiar con estilo literario...gustei,rebenvido.apertas

Ari Schreiber dijo...

probes paxaros

X dijo...

nada de nada?

Megan dijo...

me parece interesante, espero saber mucho mas lo antes posible...


saludos desde Sarita - juegos de cocina

Cynthia dijo...

is a classic, I do not think Fluffy it's a coincidence ...

Miska dijo...

I like your work, very original. Emi Tirsa