On the Road
O luns cambiei de década. Tiven regalos, bicos, amor, apertas e chamadas.
E tan só da miña boca pode sair: gracias.
O martes, Mr. Bandini e Mr. Radical Libre fixéronme un regalo: a súa presencia en Vilainferno.
Comemos, fumamos, e despois, os tres, xunto a un anxo, fomos en coche bordeando a costa a tempos pasados onde as baleas traian tesouros ata a costa. Foi fermoso.
Nunca comprendín tan claramente de que falaba Jack Kerouac cando escribiu On The Road, ata ese día.
Un coche, unha estrada, bos amigos e o vento baténdome na cara mentras escoito risas na miña cabeza... ¿é iso a felicidade?
Hai que repetilo...
... camiño a Frisco.
16 comentarios:
eu creo sí :)
felicidades.un bico.
Grande-grande road movie podría haber salido de aquí...o cuando menos un curioso anuncio de Bmw :P
Happy birthday, Míster...FromHell.
Mua.
ya te digo¡...cuando querais nos damos un paseo hasta Viana que suena casi como Viena. lo de Frisco lo dejaremos para cuando seamos viejos y homosexuales.
salud
No hay como cinco minutos (no más, que me asalta la agorafobia) de brisa atlántica para despejar la mente -esa incógnita- y despeinar lo archiconocido.
El agradecimiento es mío.
Nos vemos on the road
xusto agora, que ando ávida de road movies para un proxecto que teño en man.
chamareite para o papel protagonista. virache que nin pintado.
coincidin no espacio tempo con eses dous fuxitivos que comentas, vendo a un acrata revolucionario que escomeza por K....
y foi unha pena non sabelo, senon uniame a esa partida de piratas que recorrian a costa da morte, entre risas y humo......
felicidades e unha aperta ainda que tarde.... coma sempre
Gracias a tod@s... de verdade.
nada milhor que a estrada da costa pra façer da túa vida umha road-movie...e se acompanha o tempo, nem Kerouac....felíz passe de década, pois!
Parabéns con retraso rapás!,on the road e o mellor apartamento con vistas que coñezo.
benvido a nova década!
Parabéns por ter superado outra década máis, e a seguir superándoas.
Paréceme que si, que a felicidade e iso do que falas, Esas cousiñas pequenas e íntimas...
Apertas.
Parabéns atrasados eu tamén.
Xa volver ser maior ca min :P
Aqui os de telefonica que lles deu por cortarme internet...
pronto voltarei... penso.
saude
Estimado Suso, creo que teñen o malsán costume de querer cobrar de cando en vez, pague, home, pague, non se resista e, sobre todo, volva :(
a felicidade non ten forma, nin cores nin tamaños. É o que cada quen quere que sexa. Noraboa!! pola década de estrea pero sobre todo por ter a sabiduría de atopar a felicidade. Apertas transoceánicas!
Pregunteilles aos do 1004 por vostede e dinme que se perdeu on the road.
Publicar un comentario