Vinte Anos non son Nada...
Como imaxinaredes, entroume a vea friki e corrín ao cine a ver a nova aventura do meu añorado Dr. Jones.
Vilas pequenas, Infernos grandes
Escrito por From Hell o 5/30/2008 5 comentarios
Hai días que son unha puta mierda... como este. Días que o único que quero dicir é o que dí Mr. Norton nesta grandiosa escena.
Escrito por From Hell o 5/26/2008 5 comentarios
Como ben di o título, onte foi tarde de gripe. O único día que non traballo da semana e téñoo que pasar no sofá, chutándome couldina e bebendo vasos de leite quente. Entre outras tonterías (ver malas películas, fumar cigarros sen sabor, etc..) tamén montei este vídeo con cousiñas que tiña ciscadas polo ordenador.
A ser felices por aí..
Escrito por From Hell o 5/21/2008 12 comentarios
Escrito por From Hell o 5/16/2008 6 comentarios
Aquí os da Voz de Galicia montaron o concurso este (no que regalan unha colección de libros que xa todos temos, en vez de 100.000 euros que estaría mellor) no que hai que escribir unha historia en menos de 300 caracteres (catro liñas para entendernos). Como ultimamente os planetas andan raros e a miña alma polo mesmo camiña vai, decidín escribir as catro liñas. E non pola colección de libros, claro está.
Ocorreuseme isto...
Quería ser actriz...
Yoana conduciu toda a noite atravesando o deserto. Na mañá, almorzou café e fumou un marlboro baixo o sol, apoiada no depósito do gasoil. Continuou camiño cara as fermosas praias californianas.
Na tarde recolleu a aquel autoestopista.
Xa nunca chegaría a ver o mar.
Se tamén vos aburrides e queredes intentalo... aquí.
E se alguén se anima, que tamén o meta no seu blog e así lle botamos un vistazo.
Saúde
P.D O sábado recito nesa vila mariñeira a onde chegou o Prestige sen invitación...
Escrito por From Hell o 5/08/2008 8 comentarios