05 marzo 2008

Haberá sangue...

Do filme...
O Mellor: Daniel Day Lewis e o deseño de producción
O Peor: Unha historia decepcionante


Isto non é un poema... non é un soño... é unha necesidade:
(para ler escoitando "Long Night" de Eddie Veder)


Teño unhas gafas de sol, tres balas no peto da camisa e un coche de segunda man.
Teño unha necesidade.
Teño un amanecer no peito que quere saír.
Teño pendiente un atardecer contigo na costa de Atlantic City... e o océano trae mentiras agochadas en cada ensaio de tormenta... e na terra están refuxiados os corpos que habitaron este planeta canda ti máis eu eramos parte da nada.
Teño tres billetes de avión no caixón, un cigarro e sesenta gramos da maría que máis nos gusta.
Teño odio agochado no despertador e no frigorífico.
Teño unha misión en cada soño de adolescencia...
Teño deudas de xogo coa vida
Teño máis medo ca ti en cada día do universo
Teño unha capa máxica de invisibilidade para enviar a Palestina... e nunca me decido... nunca me decido.
Todas as mentiras son certas,
e todas as cancións
son o que fan que bailemos mentras durmimos abrazados.
Xa mo dixeron ao oído cando ensaiaba a confirmación e peinaba o pelo ao lado: "Haberá sangue... Haberá... sangue"... e era certo... esa puta dereita relixiosa americana quere gobernar o mundo e eliminar o que é obvio: Ti e eu evolucionamos como os demais. Hai prioridades... teño unha necesidade.
Teño amistades que boto en falta como o sangue que circula polas mans.
Teño unha futura visita á Alaska que quero sentir.
Teño fame
Teño gañas
Cágome no seu Deus!
Cágome nas súas normas!
Cágome nos seus centros comerciais!
Cágome nas súas estadísticas!
Cágome nas súas vidas miserables!
Isto acabará nun intre...
... e ti máis eu...
verémolo...
...dende o atardecer...
...que construamos...
...nos verdes campos nevados.
Haberá sangue...




12 comentarios:

llll dijo...

despois de Juno eu acabo de decidir non pasar por taquilla en moito tempo. recomendable, acabo de piratealo. "el desencanto", de Jaime Chávarri e tamén "Después de tantos años". son dous docus sobre Leopoldo María Panero. sei que che van a encantar se os ves. o malo é que acabarás volvéndote definitivamente un asasino compulsivo. vamos, un sicópata. medo teño xa de pisar un centro comercial...

;9

Bandini dijo...

somos un ejercito silenciado.

un saludo

Ra dijo...

Guau.

A. Doinel dijo...

Pues si tienes un arma, no vayas a Atlantic City, amigo; la carnicería iba a ser bíblica y ya no volverías con tus odios ni tus risas. No vayas ni con una bala.
Por lo demás, qué decir, sigues siendo cojonudo y leerte es un placer aún mayor

From Hell dijo...

agradécense os comentarios. Son vitaminas para este corpo perdido.
saúde

torredebabel dijo...

levaba tempo atrapada polo traballo e ao chegar atopei a nova decoración (que non sei canto ten de nova, por certo) e sentinme a gusto. Con todo, gústame vir por aqui sobre todo polas verbas.

david rubín dijo...

Pues a mi la película del P.T. Anderson me gustó muchísimo, lleva el rollo mínimal de "Embriagado de Amor"aún más allá pero el protagonista, aunque es un hijoputa, tambien es un pobre diablo y cae mucho mejor, y la historia tiene mucho más punch que su anterior film.

Para mi, después de "Magnolia"; su mejor film, y "Boogie Nights", es de lo mejorcito que ha hecho, muy superior a "Embriagado de Amor" o "Sidney" para mi gusto, incluso por momentos es superior a "Boogie Nights".

Y el final es de los mejores que he visto en años.

Un abrazo y a cuidarse.

d.

Unknown dijo...

señor Bahamonde permitame que me quite el sombrero, que no el asombro...
que ganas tenia de recuperar al escritor que se escondia al final de esas circunvoluciones y detras de esos ojos grises....
gracias por volver y hacerme disfrutar de nuevo...


suscribo lo de bandini asi que cuando quiera mi capitan, a sus ordenes

Torreira dijo...

Anótome,posicioneme nunha trincheira pa!.Saúdos

From Hell dijo...

Pois todos a formar que temos moito que facer...
Saúdos
ah...e o primeiro en formar está convidado a unha cervexa.

Desorde dijo...

Está Vd. en forma

X dijo...

Por suposto Scarlett.
A min tamén me gusta esta decoración, entre nós, odiaba a anterior :P
Un amanecer no peito que quere saír, unha misión en cada soño de adolescencia, fame, ganas... creo que ten esa deformada e vella caixa de zapatos chea de tesouros.