13 febrero 2008

An American Poem


Hai unha novela de Fante, titulada "Un ano pésimo",que me regalou un moi bó amigo meu que case todos coñecedes pois tamén ten un bló. Unha fermosa novela curta que deberíades ler se queredes saber como vai este "meu" comezo de ano.

Os días atropéllanse horribles e perséguenme dende as esquinas das rúas para rematar coa miña escasa saúde mental. A mala sorte perségueme como un lobo morto de fame na infinita estepa rusa..
Podería seguir con máis metáforas e comparacións estúpidas, pero sería inutil. Os días seguirán sendo horribles, se mire por onde se mire. Está claro: A mala sorte ven tras de mín.

Que podo facer? Pois o que fago e pensar no vello
Hank e nas súas malas épocas. Ou cuspir diante do banco e cagarme nas súas putas nais. Ou mirar aos estorniños debuxar elipsis e máis figuras no ceo da Costa da Morte.

Iso é o que fago. Buscar maneiras de matar o tempo entre oito horas de traballo.

Tamén teño tempo de ver películas, claro.

Como a de arriba. Impresionate poema épico americano escrito e dirixido por Sean "Che" Penn, baseada na novela, sobre a curta vida de
Christopher McCandless.



O Mellor: O principio e o final do film, a fotografía, e a impresionante banda sonora de
Eddie Vedder

O Peor: O protagonista; non está a altura do resto do reparto.

Sen máis, seguirei vendo pasar os días por diante como iso tan valioso que se nos escapa das mans.
saúde a todos

P.D Bandini, tes que ver a peli que sei que che vai a gustar...

6 comentarios:

Bandini dijo...

recibido.

tengo ganas de veros.

A. Doinel dijo...

Creo que a tu amigo Boyero (perdón por el jueguecito de palabras) también le gustó "bastante" este flim.
Oye, intenta lo del 23-F en Santiago... prometo estarte agradecido

X dijo...

Seguimos apuntando recomendacións nacidas da súa desgracia.

From Hell dijo...

Bandini... o sentimento e recíproco.

Doinel... de corazón que intentarei facer todo o posible por ir. Tereiche avisado.

X.. gustame o que dis...;-)

Ra dijo...

Por más que se atropellen sus días, Don Suso, le sientan estupendamente bien.

Unknown dijo...

susiño, teremos que facer un conxuro para escorrentar esa mala sorte, mira o que lle pasou os lobos esteparios, teño entendido que se extinguiron...
polo que sei o ritual poderia estar baseado na amizade (que e unha gran forza) y algun tipo de trance etilico, como fan os changos vudu....
bueno xa argallaremos...
eu aproveitando que todo o mundo che pide algo vou ser sincero, cando estaba collendo carreiriña, vas y decides parar coas metaforas, por favor extendete...
que me encanta como che quedan.

Polo demais a rutina pode ser moi perniciosa y falo en primeira persoa asiq ue refuxieemonos no unico que non pode ser rutina, que é a creatividade...
apertas sin animo de formar parella