30 enero 2008

De cadáveres, agobios e rutinas




Isto de postear estupideces casi todos os días, era unha cousa realmente terapéutica para min; e digo era, pois como veredes agora case non colgo nada. ¿O motivo? A falta de tempo físico. Chego a casa tarde, canso, agobiado, con tiróns musculares e con gañas de planear un asasinato nada máis. Navego un pouco todos os días e sigo os vosos blogs sempre que podo; a calidade segue sendo boa. Hoxe, como teño o día libre e as gañas de matar aínda non marcharon, decido colgar algo...
Que teño que contar? Pouca cousa. Sigo de taberneiro todos os días, coñecendo xente cada vez máis estraña e extravagante. Sen ir máis lonxe, o outro día coñecín un tipo con certo cargo de responsabilidade que soplou dez heinekens en menos dunha hora mentras conversabamos sobre o cine americano dos sesenta e setenta. Chegamos á conclusión de que agora xa non se fan películas como as de aqueles anos. Directores como Peckimpack, Lumet, Scorsese, Cimino, Leone, Malick, Friedkin... deixaron un legado que ninguén poido recoller, e menos superar.
Falando de cine, recibín con pouca sorpresa a morte de Heath Ledger. Non me chamou a atención, pois sempre vin nel un tipo atormentado que soubo utilizar a súa tristeza para compoñer actuacións e personaxes como o Dan do filme Candy. Non é unha gran película, pero a actuación que fai e do mellor que vin este ano sen dúbida. Recomendable.
Vou comer
e despois
seguir collendo aire
para mañá continuar
cunha rutina mortal.

9 comentarios:

A. Doinel dijo...

Pues lo cierto es que se le echa de menos colega. Las tabernas es lo que tienen, pero qué te voy a contar. Por cierto, el sábado 23-F tenemos planeada una salida por el Franco con el mayor tabernero que vio el mundo, Calixto, unos cuantos de la quinta del Penal. Nos gustaría que vinieras.
Un abrazo

From Hell dijo...

Me parece un plan tremendo(en todos los sentidos). Haré lo posible por ir y recordar viejos tiempos como si nos quedaran dos telediarios. No prometo nada.
Abrazos señor Doinel...(mi angelito)

Ra dijo...

Lo que cuenta es que cuente.
Abrazo, Don Suso.

... dijo...

coidado coa rutina mortal...moito coidado...acecha por todas partes...

ánimo.bico.

mariademallou dijo...

un saúdo señor hak, alégrome que entre café e birra poida aínda escribir algo.

saúdos dende o sur, hoxe cidade gris e neboenta coma de cine negro.

torredebabel dijo...

veño de retomar a lectura dun libro de conversas con Suso de Toro no que lembra os seus tempos no bar da familia e di que para traballar nun bar hai que ter moitos talentos a un tempo e tamén a pericia de mesturalos. Di que quen fai ese trabalo, querendo ou sen querer, remata sendo un experto en psicoloxía humana.

From Hell dijo...

a verdade que leva razón o sr. De Toro... ou acabo coñecendo a psicoloxía humana en profundidade ou pegándome un tiro...
;-)

Anónimo dijo...

Puff, estaba eu tan perdida coma ti pero é un placer volver a pasar por aqui.
Un saudo desde as miñas frias terras adoptivas

Unknown dijo...

hola Suso
tiña ganas de ver como os fenix retomaban as suas cinzas e fai pouco outro barman accidental fixose RADICALFREE ou sexa que non perdo a esperanza de volver a ver uns voos rasantes dende o inferno....
o oficio que elexistedes e duro y so soe dar beneficios despois de mortos, porque os escritores nunca son apreciados mentras ainda colean, asi que polo menos beneficia os teus colegas y deixanos disfrutar da tua acida visión da realidade, pra poder pensar que non estamos tolos, nin solos....
apertas e sorrisos