04 diciembre 2007

Guía da Ausencia


Se son sincero, nestes meses de ausencia houbo de todo:

Houbo algunhas boas películas e moitas malas. Houbo un cambio de traballo. Houbo unha novela rexeitada (e van tres). Houbo pouca chuvia. Houbo algún sábado interesante. Houbo visitas de bos amigos. Houbo boa marihuana chegada do sur. Houbo un aborto triste. Houbo un novo disco de Springsteen. Houbo unha depresión. Houbo unhas novas cordas para a guitarra. Houbo caldo para comer. Houbo sol. Houbo unha boa novela lida e dezasete malas. Houbo oitenta kilómetros ao día. Houbo visitas ao banco... ao médico... ao inem. Houbo unha incomunicación familiar. Houbo problemas. Houbo sexo. Houbo Grindhouse. Houbo durmir vestido e houbo non durmir. Houbo xente nova na miña vida. Houbo un cambio de estación. Houbo días de cine. Houbo odio. Houbo "¿Por qué no te callas?. Houbo días moi malos. Houbo unha nova cazadora. Houbo unha pelexa de bar. Houbo tres resacas graves. Houbo regalos. Houbo ouveos. Houbo e non houbo.

En definitiva, e o máis importante, é que houbo unha persona ao meu lado durante todo este tempo. E iso, para min, é máis que suficiente.

13 comentarios:

mariademallou dijo...

saúde polo regreso.
;)

Bandini dijo...

cuanta razón tienes!...me gusta leerte tan lúcido.

un amigo y yo iremos de visita próximamente.

... dijo...

Sinceramente...que gustazo leerte. Valió la pena la ausencia solo por esto.

Ghanito dijo...

gustame esta lista, ainda que non todo fora bo.
E parbéns pola boa compaña :-)

From Hell dijo...

graciñas.
Bandini alégrame que proximamente te deixes caer polo inferno. Avisarasme para ir abrindo unha botella do meu mellor viño de cartón...
Saúde
P.D Palmou Aute xa?

Mr Tichborne dijo...

E que haxa de todo, e que non deixes de escribir. E que lles fodan ben os que rexeitaron a túa novela, non te rindas.
Que tal a marighuana, por serto?

Bandini dijo...

no palmó, sacó recopilación nueva de viejas canciones de siempre interpretadas como nunca. te lo llevo.

Ra dijo...

Buah, qué bueno que volviste.

Unknown dijo...

que ledicia ver novas letras dende o inferno....
espero poder cumprir un pacto con doinel y pasar a saudar... coma minimo y si tes que houbear houbea que faremolo a coro... requetebenvido

llll dijo...

o do cambio de traballo seguramente che veña ben. inda que sexa repartindo correo, ou pendurando cartaces nas rúas, ou limpando botas nas prazas, ou tirándolle brillo ós parabrisas dos coches, ou vendendo libros polas casas, ou conducindo un camión. calquera cousa que che permita non só vivir, senón sair un pouco do buraco, coñecer historias para poder escribir. pensa que hai moi bos escritores que non chegaron publicar unha novela ate ben entrados os anos. mesmo o teu querido Neves, logo de publicar unha, ten outras dúas gardadas no caixón. non é cuestión do que vaias, é cuestión das cegueiras dos editores que non saben ver. a mellor opción, presentala por aí a concursos, a ver qué pasa. e, se non, a outra opción é facer coma Carlos Meixide e o seu "O Home Inédito". tivo que vir o éxito na rede para que lle fixeran caso e lla editaran. qué máis dá. eu gostaría moito de lelas, se mas pasas. bástache con ter unha nova lectora?

a ver cándo paso por aí.

cóideseme. saúdos a quen che coide ben, tamén.

alédome do teu regreso, meu.

X dijo...

Parabéns polo pedazo post que colgou e parabéns tamén pola compaña.
Saúdos.
PD: Ao mellor non ten nada que perder e moito que gañar facéndolle caso a Sara Jess.

susobahamonde dijo...

Gracias polos comentarios... a todos.
Gracias señorita Jess polos ánimos.
Verémonos pronto.. e pensarei o de colgar a novela.. é unha opción.
saúde.

torredebabel dijo...

houbo vida, benquerido Suso. E iso élle moito máis do que alguns teñen ao longo de moitos moitos anos. Benvido!