13 mayo 2007

A Morte do Espíritu




Hai uns días, Bandini achegouse a Vilainferno. Foi un día agradable. Cada vez que ven por este recuncho, segundo fogar de madrileños e fillos de puta, sempre botamos unhas risas, comemos pizza e falamos do divino e do humano. Despois de comer, nun céntrico café e diante dunha taza de té, pregunteille se cría que era posible vivir fora do Sistema nos días que corren. A súa resposta foi directa e demoledora: "Non". Foi rotundo, pero sincero. E o que é peor... tiña razón.
Eu levaba (e levo) varios meses coa estúpida idea na cabeza de procurar vivir fora do Sistema. É complicado; refírome a non ter unha conta nun banco, non votar, non ter número da seguridade social, non ter un seguro de vida, de coche, nin de fogar; non facer a declaración da renda, non ter unha nómina, non ter un contrato de aluger, non mercar en centros comerciais, non pagar autónomos, non estar empadroado... e cen mil cousas máis. ¿Quén de vos non ten algo disto? Xa sei, é casi obrigatorio, ¿non? Pero, ¿é necesario? Iso xa non o sei. Evidentemente encantaríame poder vivir fora do Sistema. Este Sistema que che obriga a ter que falar con xente que non queres falar; cubrir papeis que non queres cubrir; pagar cousas que nunca che faran falla. ¿Cómo se pode vivir fora do Sistema? É sinxelo: Morrendo. Os meus antepasados xa non están neste Sistema. Teñen sorte... pagaron un prezo moi alto, pero son afortunados, pois nunca máis terán que falar cun director dun banco ou outro imbécil semellante.
É por todo isto que hoxe recordo a Billy e a Wyatt percorrendo as estradas coas Harleys e teñolles envenxa. Xa sei que tan só era unha película... ¿e qué? Xa sei que en realidade todos vivimos nun Sistema e se saes, ou estás morto ou es un vagabundo... perdón, sin teito, que é como hai que dicilo agora. Cágome no Sistema... nos Sistemas... e en ti, que estás ahí sentado nese despacho de caoba, agardando para incluir un nome máis á lista de escravos.
Si, en ti.... e en vós.
E dín que Cuba é unha dictadura.... ¡Ja! Como dicía ese gran escritor: "A única diferencia entre unha dictadura e unha democracia consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordes"
Pois iso.

7 comentarios:

Ra dijo...

Olé.

... dijo...

boas noitiñas...
Viches código 46?? había quen vivía fóra do sistema, ó sol...

Suso Lista dijo...

¡Falame sempre!. Por min que non sea...Salú e libertá

Bandini dijo...

en cuba no podrías ni ser un vagabundo...
pero simepre nos queda el mar, un velero y a vivir de la pesca en los mares del sur, e ir de isla en isla..como stevenson, com brel, como gaugin. tu que vives en la costa a ver si te enteras de uno de segunda mano.

llll dijo...

magabundo, coma dicía miña irmá cativa.

;)

TXARI dijo...

o fodido é que ao nacer metenche un código de barras polo cú e o sistema vai sempre onde ti vaias, rachar co sistema e cagar muito e ben forte, en cnatas máis cousas che caghes antes saes (botanche) do sistema...

TXARI dijo...

o fodido é que ao nacer metenche un código de barras polo cú e o sistema vai sempre onde ti vaias, rachar co sistema e cagar muito e ben forte, en cnatas máis cousas che caghes antes saes (botanche) do sistema...