Xaneiro e todo o que ven despois
Estiven ocupado. Estiven deprimido. Estiven de festa. Estiven a disgusto. Estiven recitando. Estiven emborrachándome. Estiven fumando. Estiven enterrando. Estiven e non estiven.
Agora, case parafraseando aquel disco dos Counting Crows, chega Xaneiro e todo o que ven despois. Non teño expectativas. Non teño ilusións. Non teño cartos. Non teño medo. Non teño fame. Non teño amigos (preto). Non teño. Non teño e non che teño. Botareiche en falta cada día, cada hora, cada minuto, cada segundo que pase dende aquí ata a fin.
Saúde, república, morte aos fillos de puta, escopetas á rúa, zombies aos centros comerciais, sangue á Casa Branca e feliz ano a todos.
11 comentarios:
Igualmente Suso, feliz ano!!
Totalmente de acordo co derradeiro
parágrafo. Eu tamén o asino
eu feliçitareicho aló polo vran que queda máis cálido e amáis, que caralho, pola primavera e polo vran é cando coméça e naçe todo, nom é?
unha aperta que cruce os fíos de cobre.que che abrigue ata que todo pase.
;)
Se me permites, subscrevo as tuas palavras na integra.
Bom Ano e unha aperta
tendo iso que botas en falta, telo todo
Guau contundente post!!!.
Unha aperta grande grande e chea de todo o que che falte.
;)
Boto de menos vir por aquí, a verte porque non tes o que eu si teño.
suso...volve. estrñao saber de vostede.
Ese es mi Suso!
a túa depresión soa sempre tan bonita que sempre alegras a alguén
Feliz ano desde santiago
Publicar un comentario