Domingo (ou cando a música perde o seu sentido)
Hoxe erguínme moi cedo. É o único bó de non ter resaca. Metín uns vaqueros e unha camiseta. Fai calor. Aínda estou agardando pola chegada do inverno que este ano retrásase como un condenado. O mundo está tolo. Baixei a tomar un café. A xente miraba para a carreira de coches. Eu miraba para a xente. Todo eran miradas nese estúpido bar. Saín á rúa e os postos de verduras e froitas copaban todo o longo da rúa. Un fermoso espectáculo. Deberíamos incendiar os supermercados. Matar ás caixeiras, violalas e escupilas. Odios os supermercados... entre outras moitas cousas.
Cheguei ao traballo. Servinme outro café. O meu traballo é así. Tomar cafés e observar ao meu redor. Acendín a radio. Unha emisora musical. Odio as emisoras musicais. Non teñen perdón. A música que poñen debería estar censurada. ¡Á merda coas liberdades! Hai que comezar a censurar as estupideces. Censurar toda a basura que se fai no mundo. Censurar en busca da calidade artística.
Cheguei ao traballo. Servinme outro café. O meu traballo é así. Tomar cafés e observar ao meu redor. Acendín a radio. Unha emisora musical. Odio as emisoras musicais. Non teñen perdón. A música que poñen debería estar censurada. ¡Á merda coas liberdades! Hai que comezar a censurar as estupideces. Censurar toda a basura que se fai no mundo. Censurar en busca da calidade artística.
Hoxe baixei un disco da rede. Ainda non saíu á venda. Non me sinto culpable en absoluto. Síntome culpable por moitas cousas: non reciclar, matar moscas,non saudar pola rúa... pero non me sinto culpable por baixar música da rede. Iso déixoo para os ricos.
Baixei un disco ao decatarme de que escoitando os meus discos, a música xa perdera o seu sentido. Ocorre de tanto escoitar algo. Supoño que non serei o único a quén lle ocorre. Escoitas algo tantas veces que xa non significa nada. Tan só é música soando sen sentido. Iso nunca pasa cos libros. Podo ler un libro trinta veces que sempre vai seguir significando algo na miña cabeza. Nas artes tamén hai clases.
O disco en cuestión é Sam's Town do grupo The Killers. Lín nalgún sitio, que The Killers é orixinario de Las Vegas, Nevada, EE.UU. Nunca escoiten un grupo desa cidade. Nunca imaxinei que nunha cidade onde hai un casino cada dous metros tamén se formasen grupos de música. O que me levou a pensar se en Las Vegas habería hospitais. Non sei por qué pensei esa chorrada, pero púxenme a investigar pola rede e en efecto si que hai hospitais. Hai catro hospitais: o Sunrise, o Mountain View, o Southern e o Sunrise para nenos. Nunca tería imaxinado que nunha cidade onde os soños se buscan nas máquinas tragaperras houbera catro hospitais. Cousas das sociedades capitalistas...
Ao que íamos... estou escoitando o disco. Gústame. Soa como unha mestura entre Elton John e Meat Loaf, pero postos de crack. Non me disgusta. Iría a un concerto seu se viñeran por aquí. Ou ao mellor non... non sei o que faría se me atopase na situación. Tal vez se fose un domingo quedara na cama con resaca sen poder erguerme como hoxe. Non o sei.
Agora tampouco sei que vou facer. Son as once e cuarenta e dous minutos da mañá e o sol bate nas rúas molladas e eu non teño resaca, nin ganas de facer nada especial máis que o que estou facendo.
O próximo domingo prometo que terei resaca... así non escribirei máis estupideces como esta.
6 comentarios:
non te sintas culpable por baixar discos da rede...compartir é vivir. e respecto ás ctonterías que escribes, a min parécenme mui entretitas, igual é que eu tamén son parva...
ou que tampouco estou de resaca..quen sabe. bicos
A min as tuas "tonterias", bueno as tuas e as de Mariaquiña, Bandini, Cenicienta, Alicia, A vingadora social, A tua nena, e un pequeno etc mais de blgs son os que sacanme do meu ostracismo catalanoico.
Por certo, vaia cambio de look, pero creo que a foto e vella, sobran duas torres (humor negro nun dia negro)
Claro que hai hospitais, onde cres que van parar todos os infartados que perden nas máquinas ata o último dólar?
os piratas conseguiron estar no sitio adecuado para facernos crer que os delincuentes somos nos, non creas que o resto se sinte culpable ou que eles se sinten culpables. Xa non hay culpables senon distintos puntos de vista...
las vegas es una desgracia como otra cualquiera, igual que el mieda ese de elton jon y mit lof y su puta madre. no digamos ya el alonso ese de los cojones.
los domingos deberías quedarte en casa o mejor meterte en una botella de vodka y cerrar por dentro.
pa lo que hay que ver...
Las cajeras también odian los supermercados,te lo jura por Snoopy una cajera estival que los odia a tiempo parcial para pagar los putos precios públicos de la carrera.Y con este incongruente comentario anecdótico, me declaro fan absoluta de tus divagaciones post/pre delirium tremens.Saludo!
Publicar un comentario