28 agosto 2006

Unha Tempada no Inferno e outras Estupideces

Non sei se é debido a que a maldita gripe me colleu desprevenido e cos pantalóns baixados. Ou se por outra banda é porque saio á fiestra da miña casa e a ladeira do monte que sobe ata o ceo tinguiuse dunha cor marrón outono-queimado. Pode ser por iso, ou por cento de cousas. Pode ser que a sombra da amizade non soporte o peso ao meu lado. Pode ser que as rúas que antonte estaban camiñadas en desfiles, hoxe pasean funerais de elegantes camiñantes. Non o sei. Non sei o por qué, pero baixei un par de escalóns na miña depresión diaria ata chegar ás portas do inferno. Xa sabedes, ese inferno que todos coñecemos, non o inferno Hollywoodiense que o maldito cine meteunos na cabeza. Senón: O inferno.
Antes, os días cando no meu barrio o sol non saía polo leste, tiña que inxeniarmas para facerlle fronte á baixada os infernos. Sempre fun da idea de que para recuperarse plenamente o mellor sempre é tocar fondo. Para iso sempre tiña un plan. O meu plan do "salto ao baleiro". Había varias opcións para tocar fondo; as veces estaban os amigos (hoxe sempre fora); outras veces estaba o alcol (aínda que precisaba dun amigo para que fixera máis efecto); pero o meu preferido sempre foi o "salto o baleiro" co que tiña máis a man: Libros, filmes e música. Tiña unha lista, a miña lista, coas mellores cancións, películas e libros para tocar fondo e despois recuperse plenamente. Supoño que todo o mundo tivo unha lista semellante. As películas, cancións e libros que che deixan o corpo fodido e magullado como un boa ostia no nariz.
Moitas veces cambiaba a lista, e diferentes libros, filmes e cancións facían da miña caída aos infernos algo máis doado;aínda así sempre tiña un oco para unha canción, un filme e un libro en concreto que foron man de santo durante moitos anos.
Supoño que hoxe é un bó día para ler un anaco de "The Catcher in the Rye"; visionar na escuridade "The Boyz in the Hood"; e escoitar mentras baixo e baixo e baixo, o "Rain Dogs" de Mr.Waits.
Despois diso... todo será subir e subir e subir...

7 comentarios:

llll dijo...

"The Catcher in the Rye"; léoo tódolos veráns dende que hai moito tempo, e sempre me fai rir, a pesar do trasfondo de tristeza que ten.

e claro que subirás, para volver caer, e subir outra vez. xa sabes que sempre é así...

;)

Scanix O Celta dijo...

(...) me imagino a muchos niños pequeños jugando en un gran campo de centeno y todo. Miles de niños y nadie allí para cuidarlos, nadie grande, eso es, excepto yo. Y yo estoy al borde de un profundo precipicio. Mi misión es agarrar a todo niño que vaya a caer en el precipicio. Quiero decir, si algún niño echa a correr y no mira por dónde va, tengo que hacerme presente y agarrarlo. Eso es lo que haría todo el día. Sería el encargado de agarrar a los niños en el centeno. Sé que es una locura; pero es lo único que verdaderamente me gustaría ser. Reconozco que es una locura.

TXARI dijo...

que a subida seja lenta pero sejura...e que nomvaia vinculada ao sol...se chove...pois sempre é bonito correr debaijo da chuvia...

Anónimo dijo...

Eu escoito "The Miseducation of Lauryn Hill" e leo "Óxido nas Flores da Tarde" (e vai sen ánimo de peloteo, simplemente é a verdade).

From Hell dijo...

unha alegría (tamén sen peloteos) estes comentarios fan que o inferno sexa moito máis fresco...
saúde..

mariademallou dijo...

un saúdiño de inquilino alegre ;)para animar o inferno.
eu, aínda non marchei eh....

Marinha de Allegue dijo...

Todo pasa dalle tempo e moita paciencia...

Unha aperta grande.
:)