13 julio 2006

Superman Retorna

A primeira vez que vin a Superman na gran pantalla, eu era un neno e ía collido da man da miña nai ao Teatro Colón da Coruña. Senteime na butaca e apagáronse as luces. Apareceu Superman surcando o ceo e eu quedei atrapado nun estado catatónico. Como todos os nenos que vivíamos na periferia da cidade, eu quería ser Superman (os que vivian no centro xa eran superman). Recordo con añoranza eses anos.
Onte, agardando durante anos este día, estreaban a nova entrega de Superman. Fun á primeira sesión, do primeiro día, da nova estrea. Nesta ocasión non ía da man da miña nai, ía da man doutra persoa. A escuridade do cine non me atrapou, nin entrei nun estado catatónico. Non estaba no Teatro Colón da Coruña (xa non é un cine). Onte eu xa non quería ser Superman.
Apagáronse as luces do cine e comenzou a película. Acomodeime na butaca e recordei. Recordei todos os anos pasados dende que vira a Superman na gran pantalla por última vez. Xa choveu. Choveu moito de dios...
Mirei para os lados. Non había moita xente. A xente estaba na praia, ou nas terrazas, ou a saber. Dábame igual. Eu estaba feliz. Superman estaba aí, e eu a escasos metros.
Nesa tarde de xulio, nunha pequena sala de cine a escuras, tan só había un neno mirando a pantalla ilusionado. Ao rematar a película, entrou nun estado catatónico durante toda a noite.
Aínda me dura...

8 comentarios:

mariademallou dijo...

ter sido un neno con cine debeu ser fantástico. eu só recordo ver as películas de cantinflas e a segunda parte de tiburón no cine da alameda antes de que o pecharan, agora convertido en lugar de sellar a quiniela. e que a primeira vez que fun ao cine perdín na escuridade unha boneca que meu tío me trouxera de suiza.
por suposto, eu non quería ser cantinflas. quería ser a chavala de luz de luna.
;)

Scanix O Celta dijo...

Eu a primeira peli de cine que vin foi nas festas de Porto Do Son, eran unha de Bruce Le ou Bruce Li ou calquera deses chinos que querian ser Bruce Lee, ibamos o cine por que o meu irman acababa de nacer e eu tiña moitos ciumes e meteraseme nos cornos ir

torredebabel dijo...

eu tamén vin Tiburón no cine e, á entrada, dábanos uns lentes de cartón que permitían ver todo en 3D. Bueno, iso dixeron, pero eu non vin nada porque tiña tanto medo do pescado ese que pasei a metade da peli agochada na falda da miña nai...

Bandini dijo...

pero este superman es republicano o demócrata?.
se ven tetas?.
si llevo a mi hijo se aburrirá?.

Mr Tichborne dijo...

A primeira vez que fun ó cine tamen foi ó Colón, e a ver o outro tipo cos calzóns por riba dos pantalóns: Batman.

Laura dijo...

Nos tiñamos un cine moi grande con sillas e chan de madeira e podíase fumar e comer pipas. Non recordo a primeira película que me levaron a ver cando era nena, pero sí recordo o barullo que montaba a xente petando cós pes no chan cando apagaban as luces e os crash crash da xente pipeando. Agora, lástima, é un supermercado.

TXARI dijo...

eu vin E.T. numa primicia no cine do meu povo (ajora nen o edifisio está) tres anos logo de que se estrenara no resto do mundo, flipei ijual

From Hell dijo...

xa vexo que todos temos unha infancia moi cinematográfica eh???