OS CINCO MÁIS ODIADOS
ENQUISA ODIOSA
Xa que estes dias en moitos blogs se anda a falar do odio, propoño unha enquisa-concurso sobre o sentimento en cuestión: OS CINCO MÁIS ODIADOS.
A cousa é sinxela: nombrar as cinco cousas que máis odiamos do mundo (algo así como o que fixéramos coas manías) e despois nomearr tres blogueiros para que continuen cos seus odios.
Ao mellor así sabemos cal é a cousa que verdadeiramente odiamos de corazón.
Estas son os meus odios principais:
- A xente: a prepotente, sabelotoda, chulesca, intransixente, trepa, dominante, sen sentido do humor, aburrida...
- Espertar polas mañas e ver que o mundo aínda non rematou
- Aos turistas que veñen a miña terra a mercar apartamentos, foder a costa, elevar os prezos, facerme agardar na cola do supermercado mentras mercan as súas estupideces, encher as terrazas mentras beben Bitter Kas, etc...
- Os Centros Comerciais, as Igrexas e os Supermercados.
- Aos mecánicos dos talleres de automóbiles sempre co seu aire de superioridade e dicíndo: "mira que o coche é moi vello rapaz... "
Evidentemente podería seguir odiando miles e miles de cousas, pero agora é o voso turno:
¿Qué é o que máis odia... Cenicienta Proletaria, Avogado do Diaño e Bandini?
9 comentarios:
Esto vai rematar nunha oleaxe de odio blogger.
vou a poñer os meus 5 odios agora mesmo, teño que pensalos ben... eu tamen teño moitos.
pois nada adiante...
OdioBlogger é un fermoso término...
dios....que tentasión!!! mellor non me quento porque se me poño a odiar non paro...
saúdos!
veña anímate... fagamos un odioblogger descomunal ;-)
Ola! Canto tempo sen saber de ti (de vós) e atópote odiando, non podía esperar un reencontro máis apropiado, suso na súa salsa ;) un saúdo de olga
Coño Olga!!! Cánto tempo... saúdos e saúde dende este curruncho do universo blogueiro...
Xa che teño linkada
Verémonos pola rede...
Está ben, pero eso será o que odia Carlos Goñi... ¿e ti que é o que odias?
vaites, vaites...que ambientaso...susiño! andas fancendo das túas, xa estamos todos odiando!é divertido...pero eu ODIO facer listas...
bicasos...(entre ti e eu...eu odio a Carlos Goñi...;)
Publicar un comentario